Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Como disciplina formativa debe fomentar no alumno unha nova forma de observar e comprender os fenómenos relacionados co seu ámbito, abordándoos cunha actitude aberta, analítica e crítica.
Como disciplina informativa debe ofrecer ao estudantado a infraestrutura suficiente para adquirir un coñecemento adecuado sobre:
- a terminoloxía básica empregada en Nutrición e Alimentación Animal
- as materias primas utilizadas en alimentación animal e a súa valoración nutricional
- a valoración das necesidades nutricionais apropiadas á especie e ao estado do animal
Estes 3 alicerces, xunto coa aplicación dos coñecementos de fisioloxía dixestiva e metabolismo previamente adquiridos, deben proporcionar ao estudantado as bases adecuadas para o obxectivo final que é a formulación de racións e fabricación de pensos. Ao final do semestre o/a estudante debe ser capaz de identificar, calcular e valorar os puntos ou elementos claves para a formulación de racións adecuadas a cada tipo de animal.
DOCENCIA EXPOSITIVA (33 horas)
Bloque temático I: Introdución á Nutrición e Alimentación Animal. (11 horas)
Tema 1.- Conceptos, evolución e perspectivas da nutrición e alimentación animal
Tema 2.- Composición e dixestibilidade do alimento
Tema 3.- Valoración enerxética e proteica dos alimentos
Tema 4.- Necesidades de nutrientes dos animais
Tema 5.- Inxestión voluntaria de alimentos
Bloque temático II: Bromatoloxía zootécnica. (8 horas)
Tema 6.- Introdución. A auga de bebida
Tema 7.- Valor nutritivo das forraxes
Tema 8.- Valor nutritivo dos cereais gran e os seus subprodutos
Tema 9.- Valor nutritivo das fontes proteicas vexetais e de orixe animal
Tema 10.- Valor nutritivo de outros alimentos fibrosos
Tema 11.- Valor nutritivo de raíces, tubérculos, froitos e os seus subprodutos
Tema 12.- Valor nutritivo de graxas, aceites e glicerol
Tema 13.- Valor nutritivo dos minerais, aditivos e pre-mesturas
Tema 14.- Valor nutritivo dos pensos. Proceso de fabricación. Lexislación
Bloque temático III: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en monogástricos. (7 horas)
Tema 15.- Alimentación do gando porcino
Tema 16.- Alimentación do polo de carne
Tema 17.- Alimentación de poliñas e poñedoras comerciais
Tema 18.- Alimentación de coellos
Tema 19.- Alimentación do cabalo
Tema 20.- Alimentación do can e do gato
Tema 21.- Alimentación de peixes
Bloque temático IV: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en ruminantes. (7 horas)
Tema 22.- Alimentación do vacún leiteiro
Tema 23.- Alimentación do vacún de carne
Tema 24.- Alimentación do gando ovino
Tema 25.- Alimentación do gando cabrún
DOCENCIA INTERACTIVA. (36 horas)
NAA LB1 (3 horas): Composición química dos alimentos
NAA LB2 (3 horas): Valoración enerxética. Interpretación de táboas de composición. Identificación de materias primas
NAA LB3 (3 horas): Valoración proteica. Interpretación de táboas de composición. Identificación de materias primas
NAA LB4 (3 horas): Avaliación nutricional de alimentos para animais de compañía
NAA LB5 (3 horas): Valoración da calidade dos ensilados
NAA OR1 (3 horas): Lexislación sobre etiquetado de pensos
NAA OR2 (3 horas): Formulación de pensos e racións (I)
NAA OR3 (3 horas): Formulación de pensos e racións (II)
NAA OR4 (3 horas): Formulación de pensos e racións (III)
NAA CA1 (4 horas): Visita a unha fábrica de pensos ou a empresas relacionadas coa alimentación animal (Prácticas de campo)
NAA C1 (5 horas): Control da alimentación en vacún de leite na Granxa Campus Terra (Visitas activas)
Bibliografía básica:
FEDNA (Fundación Española para el Desarrollo de la Nutrición Animal). [sitio web]. Tablas FEDNA de composición de alimentos. Normas FEDNA para la formulación de piensos. Control de calidad de materias primas. Dispoñible en: http://www.fundacionfedna.org/
I.N.R.A. (1990). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
I.N.R.A. (2010). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos: necesidades de los animales, valores de los alimentos. Tablas INRA 2007. Ed. Quae, Versailles Cedex; Ed. Acribia, Zaragoza.
RUEDA, V. y ROLDÁN, C. (2013). Guía didáctica de Nutrición y Alimentación Animal: Bromatología y Monogástricos Ed. Unicopia A.G.S.L., Lugo.
Bibliografía complementaria:
BACH, A. y CALSAMIGLIA, S. (2002). Manual de racionamiento para el vacuno lechero. Ed. Servet, S.L.
CHURCH, D.C., et al. (2002). Fundamentos de nutrición y alimentación de animales. Ed. Limusa, México.
CASE, L. (2001). Nutrición canina y felina. Ed. Harcourt, Madrid.
I.N.R.A. (2012) Nutritition et alimentation des chevaux. Ed Quae. Versailles.
I.N.R.A. (2018). Alimentation des ruminants: Apports nutritionnels-Besoins et réponses des animaux-Rationnement-Tables des valeurs des aliments. Editions Quae Versailles.
KLEYN R. (2020). Broiler nutrition. Contetx Products, Leicestershire.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
Mc L. DRYDEN (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI. Cambridge, Massachussets.
MESCHY F. (2019). Nutrition minérale des ruminants. Ed. Quae. Versailles.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2016). Nutrient requirements of beef cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2021). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2006). Nutrient requirements of dog and cats. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2011). Nutrient requirements of fish and shrimp. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2007). Nutrient requirements of horses. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2007). Nutrient requirements of small ruminants. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2012). Nutrient requirements of swine. Ed. National Academy Press, Washington.
NOBLET J., VAN MIILGEN J. (2013) Energy and energy metabolism in swine. Wiley-Blackwell, New Jersey.
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. (2004). Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero : cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
WOLTER R. et al. (2014). L´alimentation du cheval. Ed. France Agricole, Paris.
ZEA, J., DÍAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Algúns recursos web:
https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/alimentacion-animal/
https://fefac.eu/
https://cesfac.es/es/
https://feedtables.com/
https://nutricionanimal.info/
https://alimentacion-animal.elika.eus/
https://www.anembe.com/
https://extension.psu.edu/animals-and-livestock
https://ruminantdigestivesystem.com/
https://www.expertpetnutrition.com/
https://www.fediaf.org/
https://www.aafco.org/
https://www.anfaac.org/inicio/
https://www.3tres3.com/home_nutricion/
https://avicultura.com/nutricion-y-alimentacion-avicola/
https://aquafeed.co.uk/
Como competencias xenéricas do Grao en Veterinaria, o/a estudante debe adquirir:
- Capacidade de análise e síntese. (GVUSC02)
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. (GVUSC05)
- Compromiso ético e asunción de responsabilidades. (GVUSC10)
Como competencias específicas disciplinares, o/a estudante debe adquirir coñecementos sobre:
- A cría, mellora, manexo e benestar dos animais. (CEDVUSC 03)
- As bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente. (CEDVUSC 11)
- As Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio. (CEDVUSC 14)
- Os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos. (CEDVUSC 15)
- As técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Como competencias específicas profesionais, o/a estudante debe ser capaz de:
- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos. (D1VUSC 03)
- Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal. (D1VUSC 10)
- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización. (D1VUSC 11)
- Realizar traballos de asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade. (D1VUSC 15)
- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias. (D1VUSC 17)
Como competencias específicas académicas, o/a estudante debe:
- Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a. (CEAVUSC 01)
- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade. (CEAVUSC 02)
- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente. (CEAVUSC 08)
Por último, dentro das competencias transversais, o/a estudante debe adquirir:
- Capacidade para o razoamento e a argumentación. (CTVUSC1)
- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. (CTVUSC03)
- Habilidade no manexo das TICs. (CTVUSC05)
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. (CTVUSC 07)
A docencia expositiva consta de 33 sesións de 50 minutos de duración, cunha distribución en horas que se aproximará o máximo posible á que se mostra no apartado Contidos, facendo un uso sistemático do Campus Virtual e das TIC como apoio de estas sesións.
As sesións interactivas van dirixidas á aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As actividades prácticas tanto as de módulo de laboratorio (Laboratorio e Seminario de Nutrición Animal) como de ordenador están encamiñadas a sentar as bases adecuadas para o obxectivo final que é a formulación de racións e pensos. No laboratorio traballase no recoñecemento de materias primas e aditivos, e na valoración de alimentos a través de exercicios e resolución de cuestións prácticas. As prácticas de ordenador van dirixidas á formulación de pensos e racións con programación lineal, excepto na práctica OR1 onde se usa o ordenador para a busca de lexislación e a consulta de rexistros oficias relativos ao etiquetado dos penso. O estudantado dispón dunha Guía de Prácticas para desenvolver o traballo, así como guións da práctica a realizar. Empezase fixando os obxectivos da práctica e seguidamente dáse paso ao traballo que deben realizar os/as estudantes.
As prácticas de campo en empresas relacionadas coa alimentación animal, fábricas de penso ou granxas permiten ao estudantado clarificar conceptos, resolver dúbidas e coñecer os problemas máis frecuentes neste sector, facilitando así a súa aprendizaxe.
Nas visitas activas á Granxa Campus Terra, os/as estudantes deben completar un guión previamente elaborado polos/as profesores/as responsables da materia. A práctica consiste en analizar e/ou medir distintos parámetros co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a ración.
A titoría (NAA T1; seminario de Nutrición e Alimentación Animal) pola súa parte, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o estudantado teña sobre a materia, como para a orientación sobre as actividades propostas nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición dos/as estudantes a través do Campus Virtual da USC.
COMPETENCIAS A DÍA 1 (CD1) E OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE (OA) A ADQUIRIR NAS SESIÓNS INTERACTIVAS:
CD1.3 Demostrar un coñecemento básico da organización, xestión e lexislación relacionada coa práctica veterinaria. Comprender o contexto económico e emocional no que actúa o veterinario.
OA1. Aplicar as normas lexislativas que afectan ao sector da alimentación animal: verificar o correcto etiquetado dos pensos.
Práctica NAA OR1: Os/as estudantes fan a revisión dunha etiqueta dun penso, desde o punto de vista lexislativo, baseándose na lexislación vixente e nos rexistros oficiais de materias primas e aditivos. Deben emitir un informe final coas conclusións desta revisión.
CD1.5 Comunicarse de forma eficaz cos clientes, o público, os colegas profesionais e as autoridades responsables, utilizando unha linguaxe adecuada ao público en cuestión e respectando plenamente a confidencialidade e a privacidade.
OA1. Comunicación escrita eficaz e adecuada na elaboración de informes/traballos profesionais
Prácticas NAA LB5, NAA OR1, NAA C1: Os/as estudantes deben elaborar un informe final sobre o realizado en cada unha destas prácticas, informe sobre a valoración de ensilados (NAA LB5), sobre o etiquetado dun penso (OR1), e sobre unha ración de vacún de leite (C1).
CD1.11 Demostrar capacidade para analizar de forma crítica a evidencia, xestionar información incompleta, xestionar continxencias e adaptar coñecementos e habilidades a escenarios e contextos variados.
OA1. Analizar e xestionar información, adaptar coñecementos e tomar decisións baseándose en casos prácticos.
Práctica NAA LB5: A partir dos resultados analíticos dun ensilado de herba e outro de millo e dos coñecementos adquiridos sobre estes alimentos, os/as estudantes deben valoralos, desde un punto de vista nutritivo, de conservación e de contaminación microbiolóxica. Ademais deben tomar a decisión sobre o tipo de animais aos que podería ir destinado, segundo as conclusións da súa valoración, e para que animais non sería adecuado.
Práctica NAA OR2, OR3, OR4: Formulación de pensos e racións, con programación lineal, fundamentalmente a través do programa Excel e/ou outros programas de formulación. Para o cálculo do penso ou ración os/as estudantes deben buscar e seleccionar os datos necesarios para a valoración tanto dos ingredientes, como das necesidades do animal. Deben calcular e interpretar os valores nutritivos dos alimentos, así como as súas posibles restricións; establecer a inxestión e as necesidades nutritivas do animal en función das súas características e do manexo da granxa; e recoñecer e interpretar os elementos clave para a valoración dos pensos e racións. Formularase como mínimo un penso para porcino e unha ración para vacas de leite.
Práctica NAA C1: Os/as estudantes deben completar un guión previamente elaborado polos/as profesores/as responsables da materia. A práctica consiste en analizar e/ou medir distintos parámetros co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a ración.
CD1.21 Avaliar a condición física, o benestar e o estado nutricional dun animal, ou grupo de animais, e asesorar ao cliente sobre os principios de cría, alimentación, reprodución, produción, benestar, saúde individual, saúde do rabaño e saúde pública.
OA1. Calcular e interpretar valores nutritivos e de composición das materias primas e pensos, a partir de análises químicas e/ou táboas de valoración.
Prácticas NAA LB1, NAA LB2, NAA LB3: Composición química, valoración enerxética e proteica dos alimentos. Interpretación de táboas de composición.
Práctica NAA LB4: Avaliación nutricional de alimentos para animais de compañía.
Práctica NAA LB5: Valoración da calidade dos ensilados.
OA2. Identificar e interpretar os elementos claves na formulación e valoración de racións e pensos: Valor dos alimentos e estimación das necesidades do animal. Valoración da ración final.
Prácticas NAA LB4: Traballase a estimación das necesidades nutritivas para un animal de compañía en función das súas características físicas e os seus hábitos de cara a calcular as cantidades necesarias a subministrar dun alimento comercial.
Prácticas NAA OR2, NAA OR3, NAA OR4: Os/as estudantes deben ser capaces de aplicar o valor dos alimentos, así como os datos de inxestión e de necesidades nutritivas de animais de produción, en función das súas características e do manexo da granxa, de cara a formulación e valoración dos pensos e racións. Deben formular e/ou valorar, como mínimo, un penso para porcino e unha ración para vacún de leite, en función de determinados parámetros básicos na alimentación de cada tipo de animal, tendo en conta aspectos produtivos, de benestar e saúde do animal, así como de saúde pública e medioambientais.
OA3. Identificar as principais materias primas e aditivos de interese en alimentación animal.
Prácticas NAA LB2, NAA LB3: Recoñecemento de materias primas e aditivos e microscopia de pensos.
OA4. Valorar e interpretar parámetros produtivos, sanitarios e de benestar dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos e medioambientais.
Práctica NAA C1: Analizar e/ou medir distintos parámetros produtivos, sanitarios, de benestar e de manexo e outros, co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a ración.
CD1. 36 Realizar a inspección de alimentos e pensos para identificar correctamente as condicións que afectan á calidade e seguridade dos produtos de orixe animal, incluída a tecnoloxía al imentaria relacionada.
OA1. Diferenciar os principais ingredientes de orixe non vexetal e identificación microscópica de ingredientes do penso.
Práctica NAA LB2, NAA LB3: Recoñecemento de materias primas e aditivos e microscopia de pensos.
OA2. Verificar o correcto etiquetado dos pensos segundo a lexislación vívente.
Práctica NAA OR1: Os/as estudantes fan a revisión dunha etiqueta dun penso, desde o punto de vista lexislativo, baseándose na lexislación vixente e nos rexistros oficiais de materias primas e aditivos. Deben emitir un informe final coas conclusións desta revisión.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
AVALIANSE TODOLOS OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE (Os obxectivos de aprendizaxe OA1 e OA2 da competencia CD1.21 son obxectivos de aprendizaxe sumativos eliminatorios. O resto son obxectivos de aprendizaxe sumativos non eliminatorios)
Avaliáranse os coñecementos adquiridos tanto nas clases expositivas como nas sesións interactivas. A cualificación final da materia estará formada por:
- un 50% do exame final da materia completa. Nesta proba final son avaliables os coñecementos adquiridos tanto nas sesións expositivas como nas sesións interactivas. O formato de exame constará de frases para identificar como verdadeiras ou falsas, preguntas tipo test de elección múltiple e/ou preguntas de contestación curta. Aplicarase unha penalización sobre as preguntas mal contestadas. É necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) para proceder a calcular a nota media final. Nese caso, sumarase a nota da avaliación continua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
- un 50% de avaliación continua. Avaliación da docencia práctica e outras actividades contempladas dentro da avaliación continua: realizarase mediante cuestionarios de contestación curta, traballos, informes e/ou probas de avaliación dentro do horario das sesións interactivas. Valorarase a participación con actitude positiva e participativa nas distintas actividades realizadas.
AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE (OA)
Os obxectivos de aprendizaxe (ver apartado de metodoloxía) serán avaliados mediante as probas de avaliación continua realizadas durante as sesións interactivas.
É REQUISITO PARA SUPERAR A MATERIA OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA NAS PROBAS DE AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE OA1 e OA2 DA COMPETENCIA CD1.21. Técnica de avaliación dos OA sumativos eliminatorios: as probas de avaliación consistirán na resolución de exercicios e/ou cuestións prácticas. Farase unha primeira proba para a avaliación do OA1 correspondente aos contidos das prácticas LB1, LB2 e LB3, nunha sesión posterior a estas prácticas. Pola súa parte o OA2 desta competencia será avaliada na última parte da sesión práctica OR4, nesta proba avaliaranse os contidos das prácticas OR2, OR3 e OR4.
Será necesario superar estas 2 probas para aprobar a materia. En caso de non ser superadas, poderase realizar a revisión mediante solicitude de titoría presencial. O/a estudante que non a supere, poderá volver realizar de novo a proba nos 15 días posteriores á titoría; e, en todo caso, cun mínimo de 15 días de antelación respecto da data do exame da convocatoria ordinaria. No caso de que as probas se superen en segunda oportunidade, contribuirá á nota final cun 60% do valor que teña na 1ª oportunidade. No caso de non superar estas 2 probas de avaliación continúa, os/as estudantes disporán aínda das dúas convocatorias ordinarias de exame para superalas; neste caso contribuirá cun 30% do valor que teña na 1ª oportunidade. Unha vez superadas, os/as estudantes repetidores/as poden optar por manter a cualificación destas 2 probas durante o curso académico seguinte ou ben, poden optar por realizalas de novo.
Informarase aos/ás estudantes, na sesión de presentación da materia, da contribución de cada unha das diferentes probas de avaliación continua (tanto eliminatorias, como non eliminatorias) na nota final, dependendo do peso de cada actividade no conxunto da materia e de se son probas/tarefas individuais ou en grupo.
No caso das diferentes actividades realizadas nas sesións interactivas (tarefas e/ou probas de avaliación continua), será responsabilidade do/a estudante traer revisados os coñecementos necesarios para un aproveitamento adecuado da práctica e un bo resultado da actividade a realizar, xa que o tempo dispoñible para a súa realización será limitado e igual para todos os/as estudantes. Os coñecementos necesarios a revisar para a realización de cada práctica serán comunicados aos/ás estudantes coa antelación necesaria. A ter en conta que os problemas ou casos prácticos propostos nas probas de avaliación non serán necesariamente similares aos realizados en clase, senón que poden presentar situacións novas ás que aplicar os conceptos e as habilidades adquiridas.
As prácticas considéranse actividades docentes de asistencia obrigatoria para todo o estudantado, se ben poderanse convalidar durante un ano. Para os/as potenciais estudantes repetidores/as, dita nota será conservada para ese curso, salvo que voluntariamente desexen repetir as prácticas.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obriga de asistencia a todas as actvidades interactivas, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de xeito presencial. O sistema de avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base á debandita instrución será o mesmo para todos os estudantes, xa que nas clases expositivas, para as que se concede a dispensa parcial, non se realizan actvidades de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As 70 horas de traballo presencial desta materia repártense en:
- 33 horas de sesións expositivas
- 36 horas de sesións interactivas:
27 h de laboratorio/ordenador
5 h de visitas activas
4 h de prácticas de campo
- 1 hora de titorías en grupo
Total horas de traballo presencial: 70
A pesar de que existe unha gran variabilidade na capacidade de aprendizaxe do estudantado, o cal determina o tempo de estudo e de traballo persoal do/a estudante, tendo en conta a metodoloxía e o temario da materia, estimamos que un/unha estudante precisa dedicar de “media”:
- 58 horas de estudo individual
- 7 horas para a elaboración de traballos
- 12 horas para resolución de casos/problemas
- 3 horas para a realización de exames
Total horas de traballo persoal do estudante: 80
Por tanto:
Horas non presenciais: 80 + Horas presenciais: 70
Total horas de traballo do estudante: 150
Para obter os mellores rendementos persoais, o/a estudante debería:
1- Facer un seguimento constante da materia.
2.- Ordenar, analizar e pensar semanalmente sobre a materia impartida.
3.- Beneficiarse das titorías para resolver e/ou propor cuestións ou temas más amplos.
4.- Acudir á revisión de exames.
5.- Ter presente que o profesorado mantén una actitude positiva fronte ao estudantado e as súas propostas.
Ao inicio de cada exame ou control comunicáselle por escrito ao/á estudante que “Unha parte importante do exame consiste na comprensión e interpretación dos enunciados e preguntas propostas, así como na selección dos datos que deben utilizar. Por tanto o/a profesor/a non contesta preguntas durante a realización do exercicio. Calquera dato que falte ou considere dubidoso pode supoñelo ou contrastalo a partir da documentación da que dispón. Non se permite desgrampar o exame, nin se recollen follas adicionais”. O tipo de preguntas ou cuestións propostas non se presta á divagación, aínda así recoméndase que as respostas sexan concisas, concretas e ordenadas.
Margarita Rico Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Ruth Rodríguez Bermúdez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ruth.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Teléfono
- 982822415
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Cynthia Lopez Novo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
27.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |