Ir o contido principal

Exposición Xuventude Crea (moda e deseño de xoias)

18.11.2025-02.12.2025

Santiago de Compostela

Imaxe da exposición de Xuventude Crea 2024
Imaxe da exposición de Xuventude Crea 2024

A exposición do certame Xuventude Crea 2025 coas obras finalistas nas especialidades da Moda e Deseño de xoias estará do 18 de novembro ao 2 de decembro na Igrexa da Universidade e poderá ser visitada de balde en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, agás os domingos e festivos.

Xuventude Crea é un programa organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para recoñecer a mocidade galega máis creativa en 16 disciplinas diferentes. Este programa tamén serve de plataforma para visibilizar o talento da mocidade galega, exposta agora nun museo dixital propio.

 

Cartel da exposición
Cartel da exposición
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2025.