11.18.2025-12.02.2025
A exposición do certame Xuventude Crea 2025 coas obras finalistas nas especialidades da Moda e Deseño de xoias estará do 18 de novembro ao 2 de decembro na Igrexa da Universidade e poderá ser visitada de balde en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, agás os domingos e festivos.
Xuventude Crea é un programa organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para recoñecer a mocidade galega máis creativa en 16 disciplinas diferentes. Este programa tamén serve de plataforma para visibilizar o talento da mocidade galega, exposta agora nun museo dixital propio.