Iniciativa de voluntariado de inclusión social no ámbito da vivenda.
Provivienda desenvolve proxectos de inclusión social orientados ao acceso á vivenda.
Programa Fogares
Intervención social dende a vivenda cara á inclusión social e laboral das persoas participantes. Intervención con familias con menores en situación de vulnerabilidade económica, minorías étnicas, persoas migrantes e/ou en situación de senfogarismo.
- Acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade de cara a un proceso de cambio sendo o eixe a vivenda.
- Visitas domiciliarias en unidades compartidas de convivencia.
- Xestión de doazóns e alimentos.
- Actividade de lecer e tempo libre.
- Horario: a convir coa persoa voluntaria.
- Prazas: 1
Programa Buxaina: recuperando vínculos
Este programa é un proxecto de intervención comunitaria que busca crear espazos de encontro que fomenten a xeración de redes de apoio e o tecido comunitario e mellores a convivencia entre a antiga e nova veciñanza.
- Impartición de talleres en calquera eido.
- Actividades de lecer e tempo libre.
- Acompañamento en situacións de soidade non desexada.
- Horario: a convir coa persoa voluntaria.
- Prazas: 2
Programa Lumieira
- Acompañamento en busca de vivenda
- Prospección de vivenda en Santiago.
- Adecuación de vivenda.
- Xestión de doazóns e alimentos.
- Actividades de lecer e tempo libre.
- Horario: a convir coa persoa voluntaria.
- Prazas: 1