A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais foi creada en xullo de 1994 coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e da súa calidade de vida, así como para a defensa dos seus intereses e dereitos.
As actividades desenvólvense no centro da asociación que está na Rúa Campo do Forno, 1 - Baixo, na zona vella de Compostela.
Programa Fonte de Benestar
A creación deste programa fai que as actividades lúdicas e culturais sexan unha "fonte" de enerxía positiva e benestar para todas as persoas usuarias, sendo unha oportunidade de creatividade e desenvolvemento de oportunidades sociais.
- Horario: de tarde, a convir entre a/o usuaria/o e a persoa voluntaria.
- Prazas: 2
Programa de Inclusión Social
Acompañamento e participación activa na programación do centro de Rehabilitación Psicosocial. Dinámicas de participación sociocomunitaria.
- Horario: de mañá ou tarde, a convir entre a/o usuaria/o e a persoa voluntaria.
- Prazas: 2