ANHIDA está dedicada, principalmente, a dar atención especializada as persoas afectadas; ademais, de dar a coñecer á sociedade as necesidades especiais que teñen así como promover a igualdade de oportunidades e a súa mellor integración social.
O TDAH ou Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, sintomaticamente evolutivo e de transmisión xenética, en moitos casos. Afecta a un 5-7% de poboación infantil, en idade escolar, chegando incluso á idade adulta, en aproximadamente un 60% dos casos.
Na asociación levan a cabo varios tipos de intervencións psicoeducativas especializadas, ademais de actividades complementarias, coas que se traballan os aspectos particulares das persoas con TDAH como o control de impulsos, fixar a atención, mellorar as súas relacións familiares, os trastornos de conduta, baixa autoestima, dificultades de socialización... A través do traballo multidisciplinar realizado polos profesionais, préstase apoio a estas persoas en todos os ámbitos da súa vida: escolar, familiar, sanitaria, emocional, social etc.
Programa de apoio escolar para nenas, nenos e adolescentes
Apoio á/ao mestra/e especializada/o en dificultades da aprendizaxe na aula de reforzo escolar da asociación con nenas, nenos e adolescentes dende os 5 ata os 16 anos.
- Horario: de luns a venres, de 16 a 20 h.
- Prazas: 5