Otro evento

Ciencia Singular

20-11-2021

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS)

 


A quinta edición de Ciencia Singular recupera o formato presencial da xornada tralo parón imposto polas restricións sanitarias de 2020, que houbo de ser virtual. O CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE abrirán, deste xeito, as súas portas á cidadanía unha vez máis para celebrar o seu meirande encontro de divulgación anual, que convida a familias e visitantes de tódalas idades a achegarse á investigación de excelencia desenvolvida no ecosistema científico da Rede de Centros Singulares da USC.

Durante a xornada os centros ofrecerán a posibilidade de coñecer in situ os seus espazos, conversar con parte do seu persoal investigador, entrar nos laboratorios e xogar a ser científico e científica por un día nesta xornada aberta á sociedade na que os participantes terán ocasión de tocar as entrañas da ciencia. O obxectivo, espertar vocacións científicas entre os máis novos e que a sociedade se sinta máis próxima á actividade científica, a respecte, a valore e contribúa ao seu desenvolvemento.

Para coñecer máis detalles, podes consultar aquí o programa do CiQUS: