Conferencia
Relatorio: «Emprendendo coa Espectrometría de Masas»

Tras obter o título de doutor en Ciencias Químicas pola USC en 2005, Manuel Lolo desempeñou o labor de enxeñeiro de soporte en Applied Biosystems durante 3 anos, deixando este traballo para crear a empresa 'AMSlab', na que traballa dende 2008 como CEO (Chief Executive Officer). Dende 2014 é tamén CEO de Xenotechs, e na actualidade do grupo ASMScience, integrado por varias empresas: AMSlab, Xenotechs, AMSbiopharma e as súas correspondentes filiales en Portugal e Marrocos.
Á marxe da súa actividade no eido empresarial, é membro do comité da Facultade de Química e membro do Consello Social da USC, así como do patronato da Fundación CEL.