Otro evento
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

09-02-2024
CiQUS
Coa declaración do 11 de febreiro como Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a ONU busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero. Neste contexto, o CiQUS promove o próximo venres 9 de Febreiro a iniciativa "CientifiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS", un encontro entre estudiante de bacharelato e investigadoras do centro para sensibilizar aos máis novos sobre esta cuestión. Os participantes coñecerán a investigación que realizan as mulleres no CiQUS, adentrándose nos laboratorios do centro onde serán recibidos por investigadoras que se atopan en distintas etapas da súa carreira profesional e que compartirán a suas experiencias cos máis novos. A maiores, o alumnado tamén poderá percorrer as instalacións e coeñecer o equipamento científico do centro.
Programa - Venres 9 de Febreiro, 2024
10:00 – 10:30 Benvida e presentación da xornada:
Dolores Pérez, Directora adxunta do CiQUS
10:30 – 11:30 Encontros con investigadoras
-
Materiales funcionales para conversión y almacenamiento de energía:
María Giménez (IP), Eugenia Quirós, Yolanda Sabater, Lucía Vizcaíno.
-
Un Lego molecular para construir moléculas grafénicas:
Dolores Pérez (IP), Ana Rita Monteiro, Saleta Fernández, Valentina Malavé, Lucía Gómez
-
Nano-ferramentas para aplicación biolóxicas:
Ester Polo (JS), Giulia Zampini, Manuela Cedrún, Antía Fernández, Mª Teresa Alameda.
-
Podemos facer reaccións artificiais dentro de células?:
María Tomás (JS), Alejandra Vale, Laura Goicoechea, Clara López, Laura Parada, Ximena Sánchez, Lara Villarino, Alba Casas.
10:30 – 11:30 (sesións paralelas) Visitas ás instalacións:
Enrica Soprano, responsable de Microscopía Avanzada · Arcadio Guerra, responsable de Equipamento Instrumental.