Workshop

Workshop - «Viewing Molecular Events: Functional Imaging Methods in Preclinical Models for Drug Development»

De 06-11-2014 hasta 07-11-2014

O CiQUS participa no obradoiro de imaxe molecular que terá lugar a partir de mañá nas instalacións do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). O Director Científico do CiQUS, José Luis Mascareñas, presentará o relatorio «Synthetic constructs for biomolecular binding and imaging».

Organizado no marco da serie Rupture Technologies Seminars, do proxecto europeo Transbio-Sudoe, este workshop reúne a persoal investigador en formación, investigadores novos e profesionais de contrastada experiencia procedentes de centros de investigación de Campus Vida, así como das entidades socias do proxecto Trasnbio-Sudoe, e empresas do sector.

O obxectivo das sesións será revisar o papel da imaxe molecular no proceso de descubrimento e desenvolvemento de fármacos, dende a identificación de dianas ata as fases de desenvolvemento preclínico, sen olvidar o nexo cos fases clínicas que implican experimentación en humanos.