Nos días 22 e 23 de xaneiro celebrouse no CiQUS o curso «Avances en Investigación Química», dirixido a profesores que desenvolven a súa docencia en centros de Educación Secundaria e Formación Profesional. No curso, ao que asistiron 45 profesores non universitarios, un grupo de investigadores e profesores do CiQUS deron a coñecer os últimos avances científicos en Química cunha perspectiva divulgativa, relacionándoos coa investigación que se realiza no CiQUS.
Como actividades complementarias, presentáronse os estudios de Química na USC, realizáronse experimentos e demostracións en laboratorio, analizáronse diferentes recursos docentes e foron amosados os equipamentos de investigación cos que conta o CiQUS.
Este curso supuxo unha excelente oportunidade para intercambiar opinións entre os diferentes profesionais involucrados no ensino da Química en Galicia.