Los becarios de verano del CiQUS presentan sus resultados de investigación

21/07/2016

O vindeiro mércores 27 de xullo exporán os resultados da súa actividade investigadora no centro e farán balance da súa experiencia de iniciación á investigación.


Os bolseiros de verán do CiQUS presentarán o vindeiro mércores os resultados obtidos durante a súa estancia nos diferentes grupos de investigación do centro, o que suporá unha excelente oportunidade para compartir experiencias e para facer balance da actividade que están a desenvolver desde inicios do mes de xullo.

Unha estancia que lles ofrece a oportunidade de coñecer de preto o mundo da investigación en química da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel. Ademais, promove a súa participación nas actividades científicas de carácter global organizadas polo centro, como é o caso dos seminarios internos ou o Programa de Conferencias, que recibe cada ano a investigadores de recoñecido prestixio internacional.

Unha aposta polo talento novo

O CiQUS mantén un ano máis a súa aposta pola captación de novo talento a través do seu Programa de Bolsas de Verán, que na súa segunda edición concedeu 10 axudas á investigación para estudantes de terceiro e cuarto curso dos seus estudos de grao. Durante o proceso de solicitude, o centro recibiu máis de 125 solicitudes de 50 universidades diferentes (15 delas de universidades estranxeiras), o que da mostra un ano mais da súa excelencia e carácter competitivo.

Os alumnos beneficiarios das bolsas, que foron recibidos polo Director Científico do CiQUS, José L. Mascareñas e a directora adxunta Dolores Pérez, proceden das universidades de Vigo, La Laguna, Complutense de Madrid, Valencia, Autónoma de Barcelona, Málaga e Santiago de Compostela.