A ciencia tamén pasa polo benestar emocional

19/07/2021
  • “Empowering Women in Science” é un taller do CiQUS que capacita aos investigadores proporcionando recursos para fortalecer a autoestima e a confianza nun mesmo.

 

A carreira investigadora é un camiño ilusionante. Sentirse parte do avance científico, contribuír a xerar novo coñecemento, é posiblemente un dos maiores estímulos profesionais que existen. Pero o camiño é duro: a ciencia desenvólvese nun ambiente altamente competitivo, onde é frecuente verse sometido a tensión e á incerteza. Lonxe de ignoralo, a mellor maneira de lidar con iso pasa por visibilizar esta realidade e buscar as ferramentas adecuadas para atallar o problema. É preciso reforzarse primeiro como individuos para poder desenvolver unha carreira profesional plena e satisfactoria, porque o uno sen o outro se cambalea.

O taller Empowering Women in Science (online, do 5 ao 7 xullo) foi a innovadora aposta do CiQUS para fortalecer este aspecto, porque a ciencia avanza mellor cando hai benestar emocional. O curso contou con 12 participantes, entre os que se integraban membros do CiQUS e do CiMUS. Transcorridas as tres xornadas, a valoración entre os asistentes foi moi positiva. O equipo de ThePaperMill soubo guiar con acerto aos participantes, que traballaron en común propostas cun marcado carácter práctico, salientando a interacción entre todos eles ao longo das distintas sesións.

As actividades abordaron diversos temas de especial interese no ámbito da intelixencia emocional. Entre eles, aprender a xestionar as relacións cos demais membros do grupo, corrixir os roles de xénero herdados ou saber ver como, en ocasións, vémonos limitados polos nosos propios rumbos. Ademais de adquirir recursos e ferramentas prácticas para saber lidar cos desafíos aos habitualmente enfróntanse os investigadores, as xornadas serviron para reforzar a autoestima e a confianza de quen fai ciencia a diario.

Empowering Women in Science forma parte dun programa formativo deseñado polo CiQUS co obxectivo de fortalecer a carreira profesional e incorporar talento á ciencia. Dirixido a investigadores/ as nas distintas etapas formativas e profesionais, estas accións proporcionan unha ampla gama de competencias transversais e habilidades necesarias para o desempeño da carreira investigadora. Entre os talleres impartidos este ano, abordáronse temas como a escritura científica, ferramentas para a captación de fondos, a propiedade intelectual ou o desenvolvemento da carreira profesional para aqueles que están a iniciar este camiño.

Empowering Women in Science workshop | CiQUS