-
O novo composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai de cancro, diminuíndo o seu potencial para xerar tumores.
-
Os resultados do estudo acaban de ser publicados unha revista de referencia no campo do cancro.
Prof. José Luis Mascareñas (CiQUS-USC) y Dr. Bruno Sainz (IIBM CSIC-UAM)
Representación dun rato cun tumor dun paciente antes e despois de recibir o tratamento co composto de referencia (Ru1), que elimina as CSCs baixando a súa enerxía.
As células nai de cancro, marcadas en vermello, desaparecen na presenza do composto de referencia (Ru1).
Referencia:
Alcalá, S., Villarino, L., Ruiz-Cañas, L. et al. Targeting cancer stem cell OXPHOS with tailored ruthenium complexes as a new anti-cancer strategy. J Exp Clin Cancer Res 43, 33 (2024). https://doi.org/10.1186/s13046-023-02931-7
Moitas terapias utilizadas para combater o cancro, ademais de producir numerosos efectos secundarios, non conseguen a remisión completa do tumor, en parte debido á presenza de células nai de cancro, que son difíciles de eliminar. Estas células poden autorenovarse, e xogan un papel crave na recidiva do tumor e nos procesos de metástases, por iso existe un gran interese en desenvolver terapias dirixidas a este subconjunto de células tumorales.
Unha colaboración entre químicos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), liderados polo Prof. JL Mascareñas, e biólogos celulares do CSIC (Instituto de Investigacións Biomédicas Sols-Morreale, IIBM CSIC-UAM, Madrid), liderados polo Dr. Bruno Sainz, permitiu descubrir un tipo de compostos químicos que actúan sobre as células nai de cancro, diminuíndo o seu potencial para xerar tumores. Desde hai uns anos, o laboratorio do Prof. Mascareñas vén desenvolvendo investigación básica ao redor de determinadas moléculas baseadas en complexos metálicos que son capaces de interaccionar de forma moi selectiva con ADN. Estes achados permitiron ao grupo do Dr. Sainz realizar estudos máis extensos con ratos implantados con tumores de pacientes, que demostran un potente efecto antitumoral destes complexos. Os científicos conseguiron demostrar efectos anticáncer en tumores de páncreas, colorrectal e osteosarcoma, con pouca toxicidade secundaria, e actualmente estanse levando a cabo estudos sobre outros tipos de cancro.
As células nai de cancro dependen da respiración mitocondrial para sobrevivir e evadir as defensas do sistema inmune o que, a nivel metabólico, representa un talón de Aquiles. Estudos mecanísticos levados a cabo nesta ocasión suxiren que o novo composto, denominado Ru1, promove un descenso na expresión de xenes necesarios para a devandita respiración, fonte energia principal destas células, co que perden a súa pontencial canceríxeno. O grupo do Dr. Sainz demostrou ademais que é posible realizar terapias combinadas con outros axentes antitumorais, co que se conseguen efectos aditivos.
Os resultados preliminares do traballo científico, que tamén inclúe contribucións do grupo ACUIGEN da USC, acaban de ver a luz nunha revista de referencia no campo do cancro. Todo estes estudos puideron realizarse grazas ao apoio de diferentes entidades, incluíndo o programa Ignicia da Xunta, a Asociación Española Contra o Cancro ou o programa CaixaImpulse da Fundación "a Caixa", e o proxecto atópase nestes momentos nunha fase avanzada para a súa transferencia e valorización preclínica.