Concepción González Bello comparte estrado en China con la Premio Nobel 2009

24/05/2016

A investigadora principal do CiQUS, participará como conferenciante convidada na «VI Conferencia da Química dos ácidos nucleicos-proteínas e Bioloxía estrutural para o descubrimento de novos fármacos» entre o 26 e o 28 de maio, compartindo escenario coa Premio Nobel de Química en 2009, Ada Yonath.


A profesora González Bello exporá esta semana nun simposio internacional que se celebrará en Chengdu (China) os resultados máis relevantes do traballo desenvolvido polo seu grupo no CiQUS, ao longo dunha conferencia titulada «Deseño Baseado na Estrutura de Inhibidores da Ruta do Ácido Siquímico - Oportunidades para o Descubrimento de Antibióticos». A estratexia principal do seu equipo está focalizada no descubrimento de novas terapias eficaces fronte a diversas enfermidades infecciosas, en particular o desenvolvemento de fármacos para o tratamento de bacterias resistentes aos antibióticos, cun mecanismo de acción alternativo aos habitualmente empregados..

A “6ª conferencia da química dos ácidos nucleicos-proteínas e bioloxía estrutural para o descubrimento de novos fármacos”, organizada polo Colexio de Química e o Laboratorio Estatal de Bioterapia e Centro de Cancro da Universidade de Sichuan en Chengdu, terá o privilexio de contar como conferenciante invitada coa presenza da Profesora Ada Yonath, Premio Nobel da Química 2009. En Outubro de 2010 Yonath, do Weizmann Institute of Science de Israel, visitou a Universidade de Santiago de Compostela como poñente invitada do programa ConCiencia, ademais de participar como conferenciante plenaria na 7ª Conferencia Flash ERA-CHEMISTRY en “Química Bioinspirada”, presidida pola Profesora González Bello.