Durante o pasado II Encontro da Mocidade Investigadora da USC, representando ao CIQUS, o estudante de doutorado Daniel González Fernández recibiu o premio á "Mellor Comunicación Oral na sesión de Medio, Bioeconomía e Enerxía”, coa súa presentación "COPOLÍMEROS DE BLOQUE CON DENDRONES RÍXIDOS".
Daniel está a desenvolver o seu proxecto de tese no CIQUS, titulado "Desenvolvemento de Copolímeros de Bloque de Dendrímeros Rígidos Mediante Química Click". No devandito proxecto aborda o deseño, síntese, caracterización e aplicacións dos copolímeros de bloque híbridos linear-dendríticos, codirixido pola profesora Mercedes Torneiro (Dpto. de Química Orgánica) e o investigador do CIQUS Massimo Lazzari.
Os dendrímeros son macromoléculas sintéticas en forma de árbol compostas de capas repetitivas de unidades que se preparan nunha maneira iterativa controlada a través de xeracións con peso molecular preciso e propiedades discretas de ramificación. A súa arquitectura globular e tamaño na escala do nanómetro fan dos dendrímeros moléculas atractivas para moitas aplicacións nos eidos la catálise, os materiais e a nanomedicina.
Figura: Dendrímero de terceira xeración