Fernando López will participate as a guest speaker at the ECHC 2016

30/06/2016

Dende a súa primeira edición en 1962, o 'European Colloquium on Heterocyclic Chemistry' consolidouse como o evento de maior importancia a nivel europeo no campo da química heterocíclica


O investigador principal do CiQUS Fernando López participará o vindeiro martes como relator no 27º European Colloquium on Heterocyclic Chemistry (ECHC), que terá lugar en Amsterdam entre os días 3 e 6 de Xullo e no que se abordarán os recentes avances en química biolóxica, metodoloxías heterocíclicas de síntese e tecnoloxías innovadoras.

Durante a súa presentación, titulada Carbo- and Heterocycles via Metal-Catalyzed Cycloadditions, F. López explicará as principais líñas de investigación do seu grupo, orientada ao desenvolvemento de novos procesos catalizados por metais de transición con enfoque na catálise enantioselectiva.

Sobre O ECHC

ECHC é un congreso aberto no que 24 poñentes de relevancia internacional amosarán os aspectos máis destacados da química heterocíclica a través de distintas presentacións e comunicacións-póster. O obxectivo principal deste simposio é presentar novos resultados, favorecer interacións entre institucións académicas e xerar unha atmosfera propicia para o establecemento de redes de grande utilidade entre os novos químicos.