José Luis Mascareñas e David MacMillan protagonizan a XXI Fèlix Serratosa

05/04/2016

O Director Científico do CiQUS participará mañá como relator invitado xunto ao reputado investigador David W.C MacMillan na XXI edición da prestixiosa Conferencia Félix Serratosa, organizada pola Societat Catalá de Química (IEC) e a Real Sociedade de Química (RSEQ).


José Luis Mascareñas, máximo responsable científico do CiQUS e investigador ERC Advanced Grant desde 2013 co seu proxecto MetBioCat, abrirá mañá a vixésimo primeira edición da conferencia Félix Serratosa co seu relatorio «Transition Metals at the Center: Catalytic Methods and Tools for Chemical Biology», na que compartirá mesa de debate co recoñecido investigador estadounidense David MacMillan.

Macmillan, cuxo nome aparece frecuentemente vinculado á lista de posibles candidatos ao Premio Nobel polas súas salientables achegas ó ámbito da organocatálisis asimétrica, desempeña o seu labor investigador na Universidade de Princeton (USA), sendo considerado na actualidade como líder mundial na área da química sintética.

O acto terá lugar mañá mércores, 6 de abril, no auditorio do ICIQ (Institut Català d'Investigació Química), desde as 17:00.