O catedrático de Química Orgánica José Luis Mascareñas Cid foi nomeado Director Científico do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares).
O profesor Mascareñas doutorouse en 1988 cos profesores Antonio Mouriño e Luis Castedo na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tras a súa etapa postdoutoral na Universidade de Stanford, baixo a supervisión do Profesor Paul Wender. Pasou a ser Profesor Titular da USC en 1993 e catedrático no 2004. Foi científico visitante nas Universidades de Harvard, e Cambridge e no MIT. Actualmente lidera un grupo de investigación adscrito ao CIQUS.
Ao longo da súa carreira docente e investigadora dirixiu 19 Teses Doutorais, e cinco dos seus estudantes de doutorado conseguiron un contrato Ramón y Cajal. En 2013 o Consello Europeo de Investigación concedeulle un axuda ERC Advanced Grant para o seu proxecto METBIOCAT.
A profesora Dolores Pérez Meirás, que dende o ano 2010 desempeñaba o cargo de Directora Comisaria do CIQUS, pasa a ocupar o cargo de Directora Adxunta do centro.