La Fundación BBVA concede a Pablo del Pino una de las nuevas Becas Leonardo

28/07/2017

O investigador Ramón y Cajal do CiQUS obtén unha das 50 axudas que a organización outorga a investigadores e creadores culturais menores de 45 anos que acrediten unha traxectoria científica altamente produtiva.


A Fundación BBVA vén de resolver a concesión das Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais 2017, un programa de axudas que apoiará de forma directa o traballo de aqueles investigadores científicos e creadores culturais que se atopen nun estado intermedio da súa carreira e acrediten unha traxectoria altamente produtiva.

Entre os beneficiarios desta edición do programa figura o investigador Ramón y Cajal do CiQUS Pablo del Pino, que recibirá unha axuda de 40.000 euros para o desenvolvemento do proxecto NanoBiomiMed, o cal poderá levar a cabo durante un prazo de 6 a 18 meses.

Nanopartículas biomiméticas para a administración dirixida de nanomedicinas

NanoBiomiMed centrarase no desenvolvemento dunha nova xeración de nanomedicinas teranósticas con capacidade de "fuxir" do sistema inmunolóxico. Aínda que a nanotecnoloxía nos aproxima ao concepto de administración de fármacos "intelixentes", a inmensa maioría dos nanosistemas desenvolvidos na actualidade teñen moi baixa especificidade in vivo. Por exemplo, independentemente da estratexia de vectorización, activa (p.ej. anticorpos) ou pasiva (efecto EPR, do inglés enhanced permeability and retention), máis do 99% das nanopartículas (NPs) administradas in vivo son secuestradas polos macrófagos, unhas células do sistema inmunitario, e rematan por acumularse no fígado e o bazo.

A vertente innovadora de NanoBiomiMed radica na fabricación de nanocápsulas multifuncionais biomiméticas, é dicir con propiedades funcionais derivadas de células nai mesenquimais, que poden dar pé a células da graxa, o cartílago e o oso. Ditas nanocápsulas poderán ser monitorizadas in vivo por técnicas de imaxe non invasivas. Ademais, o proyecto inclúe unha proba de concepto na cal se realizarán estudos de biodistribución nun modelo animal de isquemia cerebral, en colaboración co Laboratorio de Investigación de Neurociencias Clínicas (LINC) do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Cara o desenvolvemento de proxectos científicos innovadores

O programa de Bolsas Leonardo ten o obxectivo de apoiar o traballo de investigadores e creadores culturais cuxa idade se sitúe entre os 30 e os 45 anos e se caractericen por unha produción científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora nos seus respectivos campos, pero que poden non ter acadado a súa consolidación laboral ou que non teñen ao seu alcance axudas cun alto grao de flexibilidade que permitan dar forma ao desenvolvemento de proxectos cun alto grao de innovación.

Caracterizado pola alta competitividade das propostas presentadas, o programa concedeu tan só 50 axudas entre os más de 2.100 investigadores e creadores que concurriron á convocatoria, cuxa resolución produciuse a cargo de comisións avaliadoras nomeadas pola Fundación BBVA e integradas por expertos de recoñecido prestixio en cada unha das áreas da convocatoria, que elaboraron a súa resolución atendendo a criterios como o perfil curricular, a orixinalidade e o carácter innovador das propostas presentadas.