- O proxecto foi galardoado por Zendal na categoría de saúde humana e ten unha dotación económica de 15.000€.
- O obxectivo destes premios é potenciar a investigación biotecnolóxica
O proxecto para a obtención dunha vacina contra o SARS- CoV-2 dirixido por José Martínez-Costas, investigador do CiQUS, foi premiado nos II International Zendal Awards. O recoñecemento, que conta cunha dotación económica de 15.000€, supón un novo estímulo ao traballo deste grupo na loita contra o Covid-19.
Entre os criterios aplicados polo comité científico para seleccionar aos gañadores, destaca a innovación e transformación social, a viabilidade e aplicabilidade do achado, a contribución deses avances á mellora e benestar da sociedade, así como a relevancia científica da investigación.
O proxecto de vacina desenvolto no CiQUS, que pode chegar á fase de ensaios clínicos, parte dunha metodoloxía propia desenvolvida polo grupo de Martínez-Costa, baseada en microesferas, que permite xerar antígenos vacunales con rapidez e a baixo custo. Agora, os galardoados deberán “reinvestir a dotación económica en proxectos de investigación, xa que o obxectivo destes premios é potenciar a investigación biotecnolóxica”, segundo lembran desde o grupo farmacéutico Zendal.