Novo premio para unha moza investigadora do CIQUS

15/09/2014
Varios mozos investigadores do CIQUS obtiveron un destacado éxito de participación na XIII Reunión del Grupo Especializado de Polímeros (Reales Sociedades Españolas de Química e Física), que se celebrou en Girona, do 7 ao 10 de setembro. Concretamente, Seila Leiras gañou o premio á mellor presentación oral no seu panel, coa comunicación titulada "Stereocomplex formation in helical polymers by a precise tuning on their secondary structure".

Felix Freire (Investigador Ramón y Cajal) xunto con estudantes de doutorado Seila Leiras Fernández, Sandra Arias López e Rafael Rodríguez Riego presentaron 5 comunicacións orais (sobre un total de 70 en todos os paneis). Estes mozos investigadores pertencen ao Grupo de Investigación do CIQUS "Polímeros helicoidais sensibles a estímulos", dirixido polo Prof. R. Riguera e o Prof. E. Quiñoá. Aínda que comezaron esta nova liña de investigación hai tan só uns poucos anos, dende o ano 2010 xa publicaron 7 artigos nas principais revistas científicas, como Angewandte Chemie Int. Ed., o Journal of The American Chemical Society e Chemical Science (editada pola Real Sociedade de Química do Reino Unido).

 

 

 

Las Comunicaciones Orales presentadas fueron las siguientes:

 - Total control of the helical sense in poly(phenylacetylene)s by metal ions, by Félix Freire.

 - Chiral nanostructures based in helical polymer metal-complexes, by Sandra Arias.

 - Tuning the secondary structure and dynamical behaviour of poly(phenylacetylenes), by Rafael Rodríguez.

 - Nanostructuration of helical polymers, by Félix Freire.

 - Stereocomplex formation in helical polymers by a precise tuning on their secondary structure, by Seila Leiras.