O seu traballo, titulado 'Reaccións multicompoñente: ferramentas químicas no desenvolvemento de fármacos antimitóticos' relativo a reaccións multicompoñente na síntese de fármacos antimitoticos, foi distinguido como a mellor comunicación-póster da edición.
O investigador predoutoral do CiQUS, Carlos Carbajales recibiu o primeiro premio na categoría de Mellor Comunicación-Póster na III Edición da xornada de Investigación Biomédica do Cancro de Galicia, polo seu traballo 'Reaccións multicompoñente: ferramentas químicas no desenvolvemento de fármacos antimitóticos', relativo ao análise de reaccións multicompoñente na síntese de fármacos antimitoticos.
A súa comunicación-póster, que se enmarca no desenvolvemento da súa tese doutoral e que contou coa supervisión dos investigadores do CiQUS Alberto J. Coelho e Eddy Sotelo, demostra como a aplicación das reaccións multicompoñente son unha excelente ferramenta química para acceder a novos fármacos.
Neste traballo preparáronse moléculas mediante un procedemento que supón un aforro de ata 5 etapas de síntese respecto a outros procedementos descritos para obter esta clase de compostos, da familia dos benzimidazoles. Ditos compostos foron ensaiados en diferentes liñas celulares e mostraron unha potente actividade antitumoral baseada na detención da mitose.