La Sociedad Española de Química premia la tesis del doctorado del CiQUS Luiz F. Pinto

05/02/2016

A Xunta Directiva do Grupo Especializado de Resonancia Magnética Nuclear (GERMN) premiou como unha das Mellores Teses Doutorais de RMN e as súas Aplicacións 2015, a tese do doutorado CiQUS Luiz F. Pinto titulada “Estudos de Relaxación por RMN: Dinámica de Dendrímeros, Interaccións Intermoleculares, Supresión Selectiva de Sinais e Incremento de Sensibilidade”, dirixida polo profesor Eduardo Fernández Megía, e que se basea no desenvolvemento de ferramentas de RMN para a caracterización e preparación de nanoestruturas poliméricas ben definidas, tamén chamadas dendrímeros, con aplicacións biomédicas.

A caracterización destes sistemas mediante relaxación de RMN proporciona información sobre a súa estrutura e dinámicas. Ademais, descríbese o emprego de axentes de relaxación paramagnéticos para reduci-los tempos de adquisición de RMN e a supresión selectiva de sinais en espectros de mesturas poliméricas complexas.  Así, os tiempos de relaxación poden ser empregados para a obtención de información relevante acerca das dinámicas relativas dentro de dendrímeros.

Os membros do comité avaliador, formado polo Dr. Óscar Millet (presidente) e os Dres. María Victoria Gómez Almagro e Ignacio Alfonso (vocais) valorou, na súa decisión, o alto nivel científico das teses presentadas, que serán defendidas en sendas conferencias que terán lugar en futuras xornadas do GERMN.

Con anterioridade, Luiz F. Pinto foi recoñecido en 2014 co premio á mellor comunicación oral no VII Encontro Bienal de NMR pola súa presentación «Avaliación da dinámica de dendrímeros e filtrado por etapas das súas capas internas por T2-editado RMN"»