
Hoxe 24 de outubro, Marcos Alejandro González Castro, estudante de doutorado do CIQUS, acadou a máxima cualificación na defensa da sua tese doutoral titulada “Novas aplicacions sintéticas da D-glucosa e do ácido (-)-siquímico: síntese de derivados polihidroxilados de ácidos 2-(2-aminociclohexil)acéticos, ácidos 2- aminometilciclohexanocarboxílicos, azepanos e ciclohexan-1,2-diminas“. O seu traballo foi dirixido por os Profesores D. Ramón José Estévez Cabanas e D. Juan Carlos Estévez Cabanas.
Os produtos naturais, especialmente aqueles económicamente asequibles, son materiais de partida de gran utilidade para a síntese de novas moléculas con potenciais aplicacións en farmacoloxía e ciencia de materiais. Figuran entre eles a D-glucosa, un monosacárido moi abundante e barato, que, malia ser profusamente usado en química orgánica, ofrece posibilidades sintéticas aínda non exploradas, algunhas das cales son obxecto de estudo nesta tese doctoral. Outro produto natural é o ácido (-)-siquímico, cuxo interese sintético recente está relacionado co seu uso como sustancia de partida para a síntese do potente antigripal oseltamivir (Tamiflu®), un fármaco de referencia para o tratamento da gripe aviar.
Esta tese aborda o desenvolvemento da síntese de ϒ-aminoácidos derivados do ácido (-)-siquímico e de nitroazúcares derivados da D-glucosa, fundamentalmente ϒ-aminoácidos ciclohexánicos polihidroxilados. Aproveitáronse posibilidades sintéticas adicionais que ofrecen ambas sustancias de partida para levar a cabo estudos sobre novos iminoazúcares, novos organocatalizadores de natureza 1,2-diamínica e o compoñente alifático do inhibidor da integrasa do VIH cuxa estrutura se inclúe nesta apunta.