Baixo o título "Cicloadicións de sistemas alenodiénicos catalizadas por complexos de Ouro e Platino. Aplicación na síntese total da Englerina A", o traballo profundiza no desenvolvemento de novos tipos de cicloadicións catalizadas por metais carbofílicos.
O doutorando do CiQUS Ronald Nelson González defendeu o pasado mércores a súa tese de doutoramento Cicloadicións de sistemas alenodiénicos catalizadas por complexos de Ouro e Platino. Aplicación na síntese total da Englerina A, desenvolvida no centro baixo a supervisión do profesor José Luis Mascareñas e o Dr. Fernando López.
O traballo profundiza no desenvolvemento de novos tipos de cicloadicións catalizadas por complexos de metales carbofílicos, como o platino e o ouro. Como resultado, demóstrase que estas cicloadicións son métodos sintéticos moi poderosos que permiten xerar estruturas policarbocíclicas moi relevantes, posto que constitúen o esquelete central de numerosos productos naturais bioactivos.
Por outra parte, a tese tamén aborda a aplicación dunha destas metodoloxías sintéticas á síntese total da Englerina A, un produto natural aillado dunha singular planta do este de África (Phyllanthus engleri), atraeu nos últimos años a atención de químicos, biólogos e médicos debido á súa eficacia na inhibición potente e selectiva do crecemento de células tumorais renais.
A síntese desenvolvida –recollida na prestixiosa revista Angewandte Chemie-, caracterízase pola súa eficiencia ao proporcionar un acceso á Englerina A mediante 17 etapas sintéticas cun rendemento global do 11%. Ademais, tamén permitiu acceder por vez primeira a diversos análogos da Englerina A, con variacións estructurais en determinadas zonas da molécula que nunca antes foran exploradas; isto facilitará o estudio en profundidade dos mecanismos biolóxicos empregados por este tipo de moléculas anticanceríxenas, o que ha permitiu abrir xa liñas de colaboración con outros grupos a nivel nacional e internacional.
Así mesmo, solicitouse unha patente para protexer a ruta sintética desenvolvida, ante a previsible utilidade dos análogos que se poderían obter. Trátase dunha estratexia adaptable, sinxela e eficiente que, nun futuro, se podería trasladar ao deseño doutras moléculas da mesma familia que a Englerina (Sesquiterpenos Guaianos).