Únete a nós no día do grafeno do CiQUS!

07/11/2014
 

O vindeiro venres, 7 de novembro, teremos dous relatorios no CiQUS sobre as propiedades do grafeno e outras formas de materiais baseados en carbono.

A primeira conferencia, titulada «Propiedades electrónicas dos nanografenos», terá lugar ás 12:15, e abordará a cuestión de como o grafeno é diferente dunha gran molécula de hidrocarburo aromático plana, así como o papel desempeñado polos bordes na existencia de magnetismo, e outras propiedades. O Dr. Joaquín Fernández Rossier, do INL Portugal (http://jfrossier.blogspot.com.es/) protagonizará esta primeira parte da xornada.

Ás 17:00 dará comezo o segundo relatorio, «O magnetismo en e sobre os materiais de carbono», a cargo da Dra. Tanusri Gupta, do S. N. Bose National Centre for Basic Sciences (http://people.bose.res.in/faculty/fac_new/tanusrisahadasgupta.html). Nesta ocasión, a Dra. Gupta discutirá sobre a orixe das propiedades magnéticas do grafeno, e outras formas de carbono molecular.

Ao final desta charla abrirase un debate sobre as posibilidades da química sintética para deseñar novas e interesantes formas de carbono molecular.

Únete a nós este venres no día do grafeno do CiQUS!