Baixo o título 'Chiral Nanostructures based on Helical Polymers', o traballo aborda o emprego de polímeros helicoidales dinámicos para preparar nanoestruturas con quiralidade modulable.
A investigadora do CiQUS Sandra Arias López defendeu este mércores na Facultade de Química a súa tese con mención de Doutoramento Europeo, centrada no desenvolvemento de nanoestruturas poliméricas con quiralidade modulable e supervisada polos profesores Emilio Quiñoá e Félix Freire.
Algún dos sistemas desenvolvidos neste traballo foron publicados previamente en revistas internacionais de referencia, como Angewandte Chemie Int. Ed., Small ou Polymer Chemistry como resultados dun labor de investigación que expón o uso de polímeros helicoidais quirais (é dicir, coa forma dunha hélice asociada un sentido de xiro que pode ser modificado) na creación de novas nanoestruturas cuxo contido quiral pode ser modulado mediante o uso de axentes externos.
A tese non só abordou o cambio de quiralidade dunha nanoestrutura, senón tamén a creación de diferentes modelos de nanoestruturas como nanoesferas, nanotubos ou nanotoroides, todos eles con capacidade de encapsular diferentes substancias ou nanopartículas. Un traballo pioneiro no seu campo, que senta as bases para crear colectores con aplicacións para o recoñecemento quiral de moléculas ou biomoléculas, podendo incluso ser utilizados como nanoreactores.