Os participantes coñeceron técnicas de pastoreo beneficiosas para o medio ambiente e que permiten reducir a dependencia de alimentos concentrados
Membros do grupo ECOAGRASOC, o técnico Xan Pouliquen e un grupo de gandeiros de Lugo e A Coruña realizamos visitas a granxas da cornixa cantábrica durante os días 23, 24 e 25 de maio. Ao longo de tres intensas xornadas en Asturias e Cantabria, puidemos coñecer técnicas de pastoreo beneficiosas para o medio ambiente e que, ao tempo, permitirán reducir a dependencia de alimentos concentrados.
A actividade foi organizada no marco do Grupo operativo “Carne de vacún a pasto: identificación e fomento de manexos gandeiros económica e ambientalmente sustentábeis”, financiado polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia. Agradecemos a colaboración a IbioLimusin, Ganadería El Sauco, Finca Primorias, Ganadería El Andral, Javier García Lacal, Ganadería Las Cortes, Eloy Rozada, Ganadería Ye Pasto e a Jose Domingo de Sela da Loura, que nos recibiron e intercambiaron experiencias connosco.