Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas. Nas Ciencias Sociais a Análise de Redes emerxe como unha resposta estructuralista aos paradigmas reduccionistas. Os investigadores definen a Análise de Redes Sociais (ARS) como a) “Un conxunto de métodos para estudar os aspectos relacionais das estructuras sociais” (Scott 1992). b) “As técnicas centradas en sacar á luz os patróns de interacción entre as persoas” (Freeman 2006). c) “A caracterización (mapeo) e medición entre as relacións de persoas” (Krebs 2005). Unha definición maior dánola Luis Sanz; “A análise de redes sociais é unha aproximación intelectual ampla para identificar as estructuras sociais que emerxen das diversas formas de relación, pero tamén é un conxunto de métodos e técnicas” (Sanz Menéndez 2003) de investigación.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 4
Total: 4
Matrícula en la actividad
10/04/2023 - 17/04/2023
Desarrollo de la actividad
21/04/2023 - 21/04/2023
Profesor/a
Rafael Repiso Caballero
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Socimetría. A Análise de Redes Sociais como unha técnica diferente para realizar investigacións | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 21 de abril de 2023 | de 10:00 a 14:00h |
O presente curso está pensado para introducir a Análise de Redes Sociais con casos prácticos. Estructúrase en torno a tres apartados.
- Un mundo conectado
- Análise de Redes Sociais. Conceptos.
- Exercicios Prácticos
O curso inclúe un pequeno manual en PDF así como unha web onde se atopan os principais materiais necesarios para traballar.
Se recomenda traer instalado o software Pajek á sesión, co obxecto de non perder tempo nin batería. Existe tanto unha versión para PC como para MAC.
Software
- Pajek. Software de Análise de Redes Sociais gratuito
- VoSViewer. Software de Análise de Redes Sociais aplicado ao estudo de bibliografía científica.
Software de Apoio - TXT2Pajek. Programa que permite a creación de formatos de pajek (.net) a partir de arquivos de texto con dúas ou tres columnas
- Bibexcel. Programa para realizar estudos bibliométricos que permite entre outras funcións a creación de redes sociais.
- Inkscape. Programa gráfico que permite editar imaxes vectoriais como as xeradas por pajek.
Web cos enlaces: http://www.rafaelrepiso.com/cursos/analisis-de-redes-sociales/
Rafael Repiso é profesor da Universidad Internacional de La Rioja. Diplomado en Biblioteconomía, Licenciado en Documentación, Máster en Avaliación Científica, Doutor en Documentación (2013) e Doutor en Comunicación (2019). Autor de máis de 50 traballos científicos, dos cales máis da metade están publicados en revistas indexadas no Social Science Citation Index. Membro fundador da Spin Off EC3metrics da Universidade de Granada. Membro do Grupo de Investigación EC3 (Universidade de Granada), e dos grupos PROCOMM (UNIR) e Comunicar. Membro desde finais de 2017 do Think Tank Thinkepi.