Ir o contido principal

Socimetría. A Análise de Redes Sociais como unha técnica diferente para realizar investigacións

  • 2022/2023

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas. Nas Ciencias Sociais a Análise de Redes emerxe como unha resposta estructuralista aos paradigmas reduccionistas. Os investigadores definen a Análise de Redes Sociais (ARS) como a) “Un conxunto de métodos para estudar os aspectos relacionais das estructuras sociais” (Scott 1992). b) “As técnicas centradas en sacar á luz os patróns de interacción entre as persoas” (Freeman 2006). c) “A caracterización (mapeo) e medición entre as relacións de persoas” (Krebs 2005). Unha definición maior dánola Luis Sanz; “A análise de redes sociais é unha aproximación intelectual ampla para identificar as estructuras sociais que emerxen das diversas formas de relación, pero tamén é un conxunto de métodos e técnicas” (Sanz Menéndez 2003) de investigación.