Ir o contido principal

Modalidades de defensa

Existen tres tipos posibles de defensa de tese na USC segundo o modo en que actúen as persoas implicadas: presenciais, semipresenciais e virtuais.

  • Defensas presenciais: A defensa lévase a cabo nas instalacións da USC con todos os membros actuando de maneira presencial.

    Notificación de defensa presencial  

  • Defensas semipresenciais: Son as defensas nas que polo menos a persoa doutoranda e un membro do tribunal asisten de forma presencial. Os medios habilitados para a asistencia remota dos restantes membros son o Microsoft Teams ou a videoconferencia usando os equipos das facultades.
     
  • Defensas virtuais: Son as defensas nas que todos os membros asisten de forma telemática por Microsoft Teams. Para máis información consulta na seguinte ligazón.

    Notificación de defensa telemática

As notificacións de defensa poden ser asinadas pola persoa secretaria ou a que ostente a presidencia do tribunal da tese ou, en nome destas, a persoa coordinadora do PD.

A notificación enviaráselle ao Programa de Doutoramento correspondente, que será o encargado de trasladar os datos á aplicación Xescampus.

Se se coñece xa que un membro do tribunal non poderá exercer no acto de defensa da tese, na notificación incluirase o nome da súa persoa suplente.

Para programar a data de defensa da túa tese ten en conta:

  • Prazos: A defensa da tese terá lugar nun prazo máximo de 3 meses a contar desde o día seguinte ao da súa autorización pola EDIUS. Para poder darlle a publicidade necesaria establecida no regulamento vixente deberás comunicar a data do acto de defensa cunha antelación suficiente para darlle unha publicidade mínima de 7 días naturais.
     
  • Días habilitados: Deberase realizar durante o período lectivo do calendario académico. A lectura das teses presenciais ou semipresenciais realizarase nun centro da USC. Podes consultar os períodos non lectivos aquí.

Despois da defensa

A acta da defensa será enviada asinada electronicamente pola persoa secretaria do tribunal ao correo electrónico doutoramento [at] usc.es (doutoramento[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas.

Se a documentación non se pode asinar electronicamente, esta poderá asinarse fisicamente e enviarse ao SXA por correo postal certificado ou mensaxería, á dirección:

Universidade de Santiago de Compostela
Servizo de Xestión Académica - Terceiro Ciclo
Pavillón Estudantil – Campus Vida
15782 – Santiago de Compostela (A Coruña)

O Servizo de Xestión Académica trasladará os datos da defensa na aplicación Xescampus e poderá ser consultado polo doutorando/a e o director/es de tese a través das súas respectivas Secretarías Virtuais.

A persoa doutoranda poderá facer a solicitude de emisión do seu título de Doutor ou Doutora no Servizo de Xestión Académica.