Ir o contido principal

Idioma

A lingua escollida para a redacción da túa tese ten que ser autorizada pola CAPD ao aprobar o último plan de investigación e formación.

A información relativa ao idioma da tese atópase nos artigos 35, 38 e 40 do Regulamento de Estudos de Doutoramento.

A lingua da tese de doutoramento

Linguas permitidas

A tese poderá redactarse en:

  • Galego
  • Castelán
  • Portugués (por afinidade lingüística e histórica con Galicia)

Outras linguas científicas/técnicas/artísticas

A tese poderá redactarse tamén nunha das linguas haituais de comunicación dos ámbitos científicos, técnicos ou artísticos do programa de doutoramento. Neste caso, será necesario incluir na tese:

  • Un resumo en galego de extensión mínima de 3.000 palabras (obrigatorio tamén para as teses escritas en portugués).
  • É posible engadir resumos noutras linguas.

Autorización pola CAPD

  • A lingua escollida debe ser aprobada pola CAPD a través do Plan de investigación e formación

Garantía de avaliación

  • Se a tese non está escrita en galego ou castelán, a CAPD debe garantir que as persoas avaliadoras externas e os membros do tribunal podan avaliar a tese escrita nesa lingua.

Partes obrigatorias da tese na lingua seleccionada 

Deben estar na mesma lingua os seguintes apartados da tese:

  • Título da tese
  • Resumo
  • Introdución
  • Obxectivos e hipóteses
  • Metodoloxía
  • Resultados e discusión
  • Conclusións
  • Bibliografía

Os Apéndices poden ir noutras linguas se xa estaban publicadas así.


COMPROBA AS PECULIARIDADES DO IDIOMA NAS DISTINTAS MODALIDADES DE TESE

  • Redacción : É obrigatorio que polo menos o 25 % da tese estea escrito nunha lingua científica habitual no ámbito de coñecemento da tese, diferente das linguas oficiais ou cooficiais en España. Tamén pode empregarse a lingua do país onde se realizou a estadía de investigación (ou a maior parte delas). Esta parte debe incluír capítulos ou bloques redactados completos, así como o resumo e as conclusións. Non se contabilizarán os índices, anexos nin a bibliografía.
  • Defensa oral : Como mínimo, o 25 % da exposición oral durante o acto de defensa debe realizarse tamén nunha das linguas mencionadas anteriormente.
  • Excepción: Estes requisitos non se aplican se as estadías, informes e persoas expertas proceden dunha institución situada nun país de fala hispana.

Para teses que se presenten antes do 01/09/2025
Parte da túa tese, polo menos o resumo e as conclusións, deberá estar redactada e defendida nunha das linguas habituais para a comunicación científica na túa área, distinta a calquera das linguas oficiais en España.
Esta norma non será de aplicación cando as estancias, os informes e a presenza de expertos/as procedan dun centro ou institución dun país de fala hispana.
 

Nas teses por compendio de publicacións, o corpo principal da tese estará escrito na lingua maioritaria das publicacións contidas no compendio, sempre que esta non estea redactada en galego ou castelán.

Unha tese en cotutela poderá redactarse na lingua científica habitual do ámbito de coñecemento da tese, ou nunha das linguas oficiais das universidades asinantes do convenio.

A lingua elixida terá que ser comprensible para a CAPD, as persoas expertas externas, a Comisión Executiva da EDIUS, e ao tribunal avaliador da tese.