A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD)
A CAPD é o órgano responsable da supervisión académica do programa de doutoramento, encargándose do deseño, implantación, actualización, organización, coordinación e garantía da calidade do programa, así como da supervisión do progreso investigador da persoa doutoranda e da autorización do depósito e defensa da súa tese.
Funcións da CAPD durante a etapa de estudos de doutoramento
Desde o proceso de presentación da túa tese de doutoramento pola SVA ata a súa defensa, as funcións principais e responsabilidade da CAPD son:
- Aprobación do Plan de Investigación e de Formación (PIF).
- Aprobación do idioma da tese.
- Verificación de que a tese e a documentación asociada cumpren a normativa.
- Revisión das contribucións científicas incluídas na tese de doutoramento.
- Validación das mencións específicas da tese, de ter sido solicitadas.
- Verificación da garantía de integridade, legalidade e calidade.
Funcións da CAPD para a autorización da defensa da tese
- Supervisar o cumprimento dos prazos
- Xestión dos informes dos expertos externos
- Emitir informe sobre a tese
- Propoñer os membros do tribunal avaliador da tese
- Supervisar os requisitos para a tramitación da defensa
Para a Mención de Doutoramento Internacional
- Autorización previa das estadías
- Validación das estadías
- Supervisión do idioma da tese
- Xestión dos informes da tese ás persoas expertas internacionais e a súa revisión
Para a Mención de Doutoramento Industrial
- Visar a memoria inicial do proxecto de investigación industrial
- Validar o convenio coa entidade colaboradora
- Supervisar os requisitos formais
Para Teses en Réxime de Cotutela
- Aprobar a cotutela coa(s) universidade(s) estranxeira(s)
- Validar o convenio de cotutela
- Asegurar o cumprimento da normativa (e.g., estadías, etc.)