Toda tese estará estruturada, como mínimo, nos seguintes apartados esenciais: resumo, introdución, obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía, que deberán reflectirse no índice da tese.
Agora que te atopas na fase de redacción, imos aclarar algúns aspectos formais que se teñen en conta na avaliación do teu traballo de investigación. Repasámolos a continuación:
IDIOMA
Como norma xeral, a tese redactarase en galego ou castelán.
Excepcións:
- A tese tamén poderá ser escrita e defendida noutras linguas habituais para a comunicación científica no teu campo de coñecemento, sempre que contes con autorización da túa CAPD. Nestes casos deberás incluír un resume en galego non inferior a 3.000 palabras na propia tese.
- Se a túa tese inclúe a maiores dos apartados esenciais outros tales como referencias, mencións, aportacións ou apéndices, ben realizados por ti e/ou por outros autores/as, estes poderán figurar no idioma no que foron publicados aínda que sexa diferente do galego, castelán ou o idioma autorizado.
- Nas teses por compendio de publicacións, os artigos incluídos na tese poden estar nun idioma diferente ao da propia tese.
En calquera caso, o idioma de redacción da tese apróbase co Plan de Investigación e, no caso de querer modificalo, requirirase a aprobación dun novo Plan de Investigación pola CAPD.
FORMATO
Dispoñemos dun formato estandarizado de uso obrigatorio para que maquetes a cuberta, antecuberta e portada interior da tese.
O formato da tese será en PDF tamaño A4 (desprotexida e sen sinaturas). Precisarás:
- Cuberta e antecuberta da tese. Ao final da aplicación elixir "xerar documento dixital". (Recoméndase o uso de Firefox).
- Portada
O documento non pode ter marcas de auga e debe conter o número de páxinas en branco imprescindibles.
Así mesmo, recomendámosche seguir os criterios de homoxeneidade, lexibilidade tipográfica e facilidade funcional recollidos na guía de estilo para a elaboración de teses doutorais realizadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico:
Non é preciso entregar ningún exemplar impreso da tesis na EDIUS, aínda que a aplicación de cuberta e antecuberta xera un PDF para a versión impresa da mesma, por se a desexas.
Contacta con nós en edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) se tes calquera dúbida.