Novo curso de cociña xaponesa nas aulas activas de gastronomía pedagóxica da USC

A Universidade de Santiago comezou este mes de marzo un novo e orixinal proxecto de gastronomía pedagóxica dirixido a toda a cidadanía co que se pretende ensinar a cociñar á vez que achegar unha cultura de hábitos de consumo saudables e aumentar o coñecemento do medio e dos produtos. O programa introduce agora un novo curso sobre cociña xaponesa, que substituiría o dirixido a novatos, no que se executarán pratos típicos como sushi, tempuras, sopas e salteados. Será os días 3 e 10 de abril de 19.45 a 21.45 horas na cociña do comedor do Colexio de Fonseca. Para conseguir toda a información sobre os cursos e formalizar a matrícula, as persoas interesadas deben dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, no Colexio de San Xerome, ou chamar aos teléfonos 88181018 e 881811103.