Skip to main content

A USC celebra en Sao Paulo a reunión de lanzamento dos programas de mobilidade Emundus15 e Emundus17

Unha delegación da USC encabezada polo reitor Senén Barro viaxou estes días a Sao Paulo (Brasil) para celebrar alí a reunión de lanzamento dos proxectos Emundus15 e Emundus17, que coordina a propia Universidade de Santiago.
A comitiva da institución compostelá complétana o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino, o xefe da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso, e as técnicas Lorena Barbeito e Sonia Cordido.
Á xuntanza asistiron delegados de todas as universidades europeas, brasileiras, paraguaias e uruguaias que participan nos proxectos, así como autoridades brasileiras en materia de educación e representantes da delegación da UE en Brasil e das embaixadas e consulados dos países europeos participantes.
MobilidadeEmundus15 e Emundus17 son dous programas de cooperación institucional e mobilidade no ámbito da Educación Superior que promoven o intercambio bilateral de estudantes e persoal académico entre Universidades europeas e de Brasil, Paraguai e Uruguai.
Ambas iniciativas, coordinadas pola USC, están financiadas pola Comisión Europea no marco do programa de cooperación exterior Erasmus Mundus External Cooperation Window.

The contents of this page were updated on 09.09.2009.