Acto organizado pola "Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación" da Galiza
A "Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación" da Galiza (AETG) convídate ó encontro virtual en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021 no que participan PuntoGal e a AETG e que terá lugar o vindeiro 28 de maio ás 11.00 horas.
Programa
10.50 h. Conexión telemática de asistentes
11.00 h. Presenta e modera: Manuel Blanco Casal, xornalista
11.05 h. Coloquio: "Intelixencia artificial ó servizo da lingua"
Participan: Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG e Manuel González González, presidente PuntoGal
12.00 h. Clausura
Asistencia
A conexión realizarase a través de Zoom. Antes do inicio da xornada, remitirase a ligazón de conexión ás persoas inscritas.