02.08.2022 | 12.00h-13.00h
Como imaxinas a situación da lingua en 2050?

A Facultade de Filoloxía acolle o martes 8 de febreiro ás 12 horas a presentación do volume 'A lingua en 2050'. O acto contará coa presenza do coordinador e coautor do volume, Fernando Ramallo; do secretario xeral de Política Linguística, Valentín García; do director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luís Regueira; e do decano da Facultade, Elías Torres, así como de varias das persoas colaboradoras do libro.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala