Skip to main content

O Campus Terra da USC acolle este mércores unha xornada de orientación laboral para estudantes e titulados na EPS de Enxeñaría

El Campus Terra de la USC acoge este miércoles una jornada de orientación laboral para estudiantes y titulados en la EPS de Ingeniería
El Campus Terra de la USC acoge este miércoles una jornada de orientación laboral para estudiantes y titulados en la EPS de Ingeniería
O salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acolle este mércores, a partir das 10.00h, a xornada de orientación laboral ‘A Fórmula Cara ao teu Emprego: os 4 "E"’, no que se fai...
Lugo

O salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acolle este mércores, a partir das 10.00h, a xornada de orientación laboral ‘A Fórmula Cara ao teu Emprego: os 4 "E"’, no que se fai referencia aos ‘E’ de EPS, Emprego, Emprendemento e Empresas.

 

Esta xornada, cuxa inscrición pode realizarse de balde na conserxería deste centro universitario lugués, abrirase coa intervención da responsable da Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, quen pronunciará o relatorio ‘Ferramentas, Recursos e Método para a Busca de Emprego e Prácticas’. A continuación, Patricia González Alonso, da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento falará de experiencias emprendedoras no Campus Terra.

 

Xa en quenda de tarde, terán lugar dúas mesas redondas paralelas, unha dedicada aos eidos vinculados á enxeñaría xeomática e á enxeñaría civil, mentres que a outra estará centrada nos ámbitos agrícola e forestal. En ambas as dúas mesas, intervirán representantes da administración pública, de empresas do sector ou colexios profesionais. Como agasallo, sortearase unha tablet entre todos os asistentes ao acto.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.