Skip to main content

Seminario de Formación e Innovación (SEFORIN)

Encontros do grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada

10.18.2022 | 10.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Sala B13

O Grupo de investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC organiza este encontro científico para estudantes de mestrados da Facultade de Filoloxía

A Facultade de Filoloxía da USC acolle o encontro. FOTO: Andrés Fraga
A Facultade de Filoloxía da USC acolle o encontro. FOTO: Andrés Fraga

A Sala B13 da Facultade de Filoloxía acollerá o martes 18 de outubro a partir das 10 horas unha nova sesión dos Encontros do grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada que organizan o Grupo de investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, o SEFORIN e a Facultade de Filoloxía para estudantes de mestrados do centro.

O encontro busca ofrecer unha valiosa oportunidade para dialogar con colegas que traballan nunha liña afín aos intereses do alumnado e profesorado desta facultade como é, neste caso, a perspectiva de xénero e a literatura escrita por mulleres. A estrutura do ciclo será a seguinte: 3 ponentes cunha ponencia de 40 minutos cada unha, seguida dun coloquio duns 20. 

A investigadora da Universidade de Vigo, Beatriz Suárez Briones abrirá a ronda de relatorios coa conferencia 'Literatura lesbiana na Galiza: as pioneiras'. A continuación,  Francisca Noguerol, da Universidad de Salamanca, impartirá o relatorio 'Nueva belleza: grotesco, feísmo y monstruosidad'. Finalmente, será Carmen Luna Sellés, da Universidade de Vigo, que peche o encontro coa ponencia 'Sexo, violencia y control en Moronga, de Horacio Castellanos Moya'