Skip to main content
Foto Santi Alvite
Normas de uso e acceso ás instalacións

Definición e fins

A Área Deportiva é a responsable da planificación da actividade físico-deportiva da USC.

Con esta finalidade agrupa a súa oferta deportiva en: Actividades dirixidas, práctica libre e competicións universitarias.

As instalacións deportivas son todos os espazos e edificios  da USC, cos seus respectivos equipamentos, destinados  á práctica físico-deportiva que están xestionados pola Área Deportiva da USC.

A USC, a través da Área Deportiva velará polo mantemento, conservación e mellora das instalacións deportivas e polo cumprimento da normativa pola que se rexe o seu uso.

As instalacións deportivas son un importante medio para acadar os fins establecidos no modelo deportivo da USC.

The contents of this page were updated on 08.26.2024.