
Definición e fins
A Área Deportiva é a responsable da planificación da actividade físico-deportiva da USC.
Con esta finalidade agrupa a súa oferta deportiva en: Actividades dirixidas, práctica libre e competicións universitarias.
As instalacións deportivas son todos os espazos e edificios da USC, cos seus respectivos equipamentos, destinados á práctica físico-deportiva que están xestionados pola Área Deportiva da USC.
A USC, a través da Área Deportiva velará polo mantemento, conservación e mellora das instalacións deportivas e polo cumprimento da normativa pola que se rexe o seu uso.
As instalacións deportivas son un importante medio para acadar os fins establecidos no modelo deportivo da USC.
Dereito de acceso e a súa suspensión
Para acceder ás instalacións deportivas hai que estar dado de alta como usuario de deportes, agás outras actividades autorizadas pola USC, e ter feita previamente unha inscrición, reserva ou entrada para esa hora e actividade.
O acceso ás instalacións deportivas supón a aceptación da normativa de uso e a obriga de respectar as indicacións do persoal responsable das mesmas.
Poderán utilizar as instalacións deportivas da USC:
- Os participantes nas actividades organizadas pola Área Deportiva
- Os/as usuarios de práctica libre que teñan a correspondente entrada ou reserva
- As asociacións, entidades ou clubs que teñan autorizada unha cesión de uso
- Calquera persoa ou colectivo autorizado por Deportes.
A Área Deportiva resérvase o dereito de modificar as condicións de uso, previo aviso ás entidades ou persoas afectadas, cando as necesidades da USC así o requiran.
Suspenderase o dereito ao uso das instalacións:
- Cando non se respecten as normas de uso
- Cando se produzan deterioros nas instalacións
- Cando perigue a integridade física dos participantes
- Existan compromisos adquiridos
- Calquera outra causa que o xustifique
Os usuarios teñen dereito ao uso do equipamento e material deportivo preciso para a actividade que desenvolva.
Para acceder con material ou equipamento propio deberá solicitarse autorización previa.
É obrigatorio o uso de indumentaria e calzado deportivo axeitado á actividade deportiva practicada e a instalación na que se desenvolva.
Non se pode fumar nin acceder con envases de vidro ou metálicos así como comer ou consumir bebidas alcohólicas ou calquera outra sustancia prexudial para a saúde.
Tampouco se pode acceder con animais, agás cans guía.
A USC non se fará responsable de calquera tipo de incidente acontecido como consecuencia do incumprimento das normas ou de imprudencias dos usuarios.
Idade e condicións de acceso
As persoas menores de idade deberán ter autorización dos seus pais/nais ou titores. De non ser usuarios de deportes presentarán unha autorización para o acceso puntual que desexen realizar.
Como norma xeral os menores de 14 anos deberán utilizar as instalacións as que teñan permitido o acceso acompañados dunha persoa maior de idade.
Por motivos de seguridade no muro de escalada os menores de idade deberán estar acompañados por unha persoa maior de idade con licenza federativa.
Ademais algúns espazos requiren unha idade mínimo para o uso:
- Piscina cuberta, 6 anos
- Sala de acondicionamento físico, 16 anos
- Corredor superior para tiro co arco, 18 anos e licenza federativa.
Prioridade no uso das instalacións
En base a iso darase prioridade na xestión do seu uso ás entidades e actividades relacionadas coa USC fronte ás alleas segundo se relaciona:
- Actividades organizadas pola Área Deportiva e por esta orde:
- Actividades dirixidas.
- Ligas e outras competicións
- Sección Deportiva USC
- Reservas feitas polos usuarios
- Actividades organizadas por colectivos universitarios
- Actividades organizadas por entidades alleas segundo se relaciona:
- Actividades relacionadas coa actividade físico-deportiva en consonancia co modelo deportivo da USC
- Pola súa transcendencia na promoción deportiva universitaria
- Pola súa importancia deportiva
Acceso para actividades dirixidas, competicións e técnicos
Das actividades dirixidas
Os/as participantes nas actividades organizadas por Deportes accederán ás instalacións nos horarios correspondentes ás actividades nas que estean inscritos cunha antelación máxima de 10 minutos, e abandonaran a instalación como máximo 20 minutos despois de rematar.
Das competición
Será o intervalo horarios que estableza o regulamento correspondente.
Dos/as técnicos
Accederán ás instalación en calidade de técnicos/as as persoa que dirixan as actividades deportivas organizadas pola Área Deportiva da USC e outras autorizadas.
Para realizar as funcións de técnico/a deportivo/a con calquera outro fin nas instalación deportivas da USC deberase solicitar autorización na Área.
Os técnicos/as das cesións de uso deberán levar unha identificación visible da entidade que organiza a actividade.
Os/as técnicos/as deberán colaborar de maneira especial no coidado das instalacións, dos equipamentos e materiais que se utilice, deixando sempre os espazos utilizados limpos e o material en bo estado e recollido no lugar indicado.
Normativa específica para práctica libre
Aquelas persoas que desexen utilizar as instalacións deportivas para realizar unha práctica deportiva autodirixida con fins de saúde, lecer ou rendemento deberán adquirir a entrada ou facer a correspondente reserva. Poden facerse a través da páxina web polo propio usuario ou de forma presencial, neste caso pagaranse mediante a tarxeta bancaria, bono ou abono
Condicións de acceso
Para acceder ás instalacións os/as usuarios/as de deportes da USC deberán presentar a TUI.
Non se admitirán anulacións con devolucións do importe das entradas e das reservas realizadas, agás as que sexan por causa imputable á USC ou as reservas que se paguen por abono e se anulen 24 horas antes do uso.
Bonos e abonos
Só poden adquirir bonos ou abonos as persoas rexistradas como usuarias de deportes da USC que cumpran os requisitos esixidos para o uso da instalación en cuestión.
Os abonos e bonos so poderán ser utilizados polo persoa titular destes.
Os abonos e bonos só serán válidos durante o período establecido e sempre dentro do curso académico no que son adquiridos.
Dúbidas sobre a identidade
No caso de dúbida sobre a identidade do portador da TUI o persoal da instalación poderá solicitar outros documento como (DNI, pasaporte ou carné de conducir)
A Área Deportiva da USC ofrece á comunidade universitaria desta universidade a posibilidade de solicitar a reserva de instalacións durante varias horas e/ou días para a organización de eventos que lle son propios.
Recibidas as solicitudes comprobarase a súa viabilidade e se lle comunicará ás persoas interesadas a dispoñibilidade e o custo.
Como facer a reserva
- Facer a solicitude polo menos con 15 días de antelación.
- Cumprimentando e enviando o formulario dispoñible nesta páxina.
- Enviada a petición la/el técnica/o a cargo da instalación enviará resposta confirmando a reserva.
- Se non é posible confirmar a reserva nas datas e horarios solicitados enviarase unha proposta alternativa.
- Unha vez concretada a reserva a persoa solicitante deberá efectuar o pago con 6 días de antelación:
- Directamente a través da pasarela web.
- Nas oficinas de atención ao público da Área Deportiva.
- Nas conserxerías desta Área.
- Realizando o pago por ingreso bancario unha vez impresa a folla de autoliquidación.
- Rematado este proceso a persoa usuaria poderá desenvolver o evento conforme ao expresado na reserva e respectando as normas de uso da instalación.
Normativa
- Esta reserva réxese pola normativa xeral das instalacións deportivas e normativas de uso de cada instalación.
- So poderán facer este tipo de reservas os membros da comunidade universitaria.
- Os participantes no evento serán persoas usuarias da Área Deportiva e membros da comunidade universitaria.
- A autorización da reserva está restrinxida a horarios non ocupados coas actividades programadas pola Área Deportiva e terá un límite máximo de 25 horas.
- No pavillón polideportivo, durante a tempada de ligas universitarias, só se autorizarán reservas para torneos en horario de mañá cun máximo de 4 horas semanais e distribuídas de forma periódica. Cando o torneo dure menos de 8 horas non rexerá o límite das 4 horas semanais. Non haberá límite de horas sempre que se realice nunha única xornada.
- Para baloncesto e voleibol reservarase media cancha.
- Todas as persoas deberán identificarse coa súa TUI para acceder á instalación.
- Non está permitido fumar dentro da instalación, incluídas a bancada.
- Non se pode acceder con envases de vidro ou metálicos.
- Non se poden consumir bebidas alcohólicas ou calquera outra substancia catalogada como prexudicial para a saúde.
- Non se pode comer na instalación.
- Non se autoriza a dispor de tomas de corrente.
- Non se autoriza ningún control ou cobro por acceder á bancada.
- Poderase autorizar a distribución ou venda de bebidas sempre que se cumpran os requisitos dos puntos 9 e 10.
- O solicitante realizará o pago como mínimo 6 días antes do comezo do evento, en caso contrario procederase a anular a reserva.
- Designarán á/ás persoas responsables ou coordinadoras do grupo de maneira que, durante o desenvolvemento da actividade, sempre estean algunha presente e comunicarán os seus datos á/ao técnica/o a cargo da instalación.
- As persoas responsables do evento que nese momento estean na instalación deberán estar perfectamente identificados.
Prégase a máxima colaboración no coidado das instalacións, equipamentos e material utilizado, seguindo sempre as indicacións do persoal da Área Deportiva.
Un mal uso pode dar lugar á anulación da reserva.