Skip to main content

Inscrición

Información sobre tarifas e pago

Tarifas 

Con prezo reducido ata o 17 de setembro:  

  • Membros da SEDLL: 150 €   
  • Outros participantes: 250 € 
  • Estudantes e persoas desempregadas: 50 € 
  • Asistentes sen comunicación: 50 € 

Sen prezo reducido a partir do 18 de setembro:   

  • Membros de la SEDLL (ata o 15 de outubro): 180 €   
  • Outros participantes (ata o 15 de outubro): 300 € 
  • Estudantes e persoas desempregadas (ata o 15 de outubro): 80€ 
  • Asistentes sen comunicación (ata o 15 de novembro): 80 € 

Pago  

No caso dos comunicantes as indicacións detalladas para o pago xa se ofreceron no correo-e no que se comunicaba a aceptación da proposta. 

No caso dos asistentes (persoas interesadas no congreso, pero que non presentan comunicación) deben contactar coa organización a través do correo-e (sedll2023 [at] usc.es (sedll2023[at]usc[dot]es)) para que lles facilitemos o acceso ao formulario de inscrición e os datos para a transferencia bancaria.

transferencia bancaria.

Recoñecemento como actividade de formación para docentes non universitarios

Solicitouse á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a homologación dunha sección do congreso como actividade de formación permanente do profesorado non universitario.  Os datos da actividade son os seguintes: 

  • DATAS. A sección do congreso para a que se solicitou a homologación como actividade formativa desenvolverase o mércores 29 de novembro e o xoves 30 de novembro de  16:00 a 20:00.
  • CONTIDOS. Correspóndese coas mesas redondas, as sesións con comunicacións e as outras actividades que o programa do congreso fixará para as tardes do mércores e do xoves no horario sinalado.
  • DURACIÓN. A actividade equivale a 8 horas de formación permanente.
  • CONTROL DE ASISTENCIA. Rexistrarase a asistencia mediante un control de sinaturas depositado na mesa de recepción do congreso. Será necesario participar cando menos no 85% da actividade.
  • PREZO DA INSCRICIÓN. Terá un coste de 30 euros.
  • PRAZO DA INSCRICIÓN. Rematará o 15 de novembro.
  • PROCESO DE INSCRICIÓN. As persoas interesadas deberán escribir un correo-e a sedll2023 [at] usc.es (sedll2023[at]usc[dot]es)  e esperar a obter resposta da organización. No correo-e de contestación, se aínda quedan prazas vacantes, detallarase o proceso de inscrición e indicaranse os datos bancarios.

 

Cea do congreso  

A cea terá lugar o xoves 30 de novembro no restaurante Hotel Monumento San Francisco. O prezo é de 50 euros.

O menú previsto é o seguinte:

  • APERITIVO. Empanada caseira de polbo 
  • PRIMEIRO PRATO. Arroz cremoso con zamburiñas e mexillóns
  • SEGUNDO PRATO. Xarrete de tenreira ou bacallao confitado
  • POSTRE. Filloas recheas de crema e salsa de laranxa

Teranse en conta as peticións realizadas para unha opción vexetariana ou vegana.

Outras actividades culturais  

Para a tarde do venres 1 de decembro proporanse dúas actividades culturais que se desenvolverán no mesmo horario. Son as seguintes:

  • OPCIÓN A) VISITA TURÍSTICA A UN LUGAR DE GALICIA. Trátase dunha saída turística a un lugar de interés de Galicia (posiblemente Padrón). O desprazamento realizarase en autobús e conlevará un pago adicional que se concretará máis adiante.  
  • OPCIÓN B) VISITA GUÍADA Á EXPOSICIÓN "EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA". Trátase dunha visita guiada a unha exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), ubicado en Santiago de Compostela. Neste caso é unha actividade gratuita. 

 

Aloxamento

 

Na sección de aloxamento desta páxina web hai información detallada sobre os hoteis que ofrecen un desconto aos participantes no congreso.

Recoméndase realizar a reserva de habitación o antes posible.

The contents of this page were updated on 10.12.2023.