A creadora explica así a imaxe:
"Na complexidade de representar graficamente o concepto de didáctica, na procura dunha imaxe que abranguese a ensinanza de dúas disciplinas fundamentais, a lingua e a literatura, xurdiu a idea dun paxariño literario, compendio de sons e palabras, que intenta voar libre no contexto da encrucillada na que se atopan os centros de ensino e, en consecuencia, as e os docentes á hora de achegar a materia ao alumnado."
Lucía Cobo, ilustradora
