Skip to main content

Envío de propostas

Información sobre a participación no congreso presentando comunicacións e/ou pósteres.

AVISO: O PRAZO PARA O ENVÍO DE PROPOSTAS REMATOU.

Modelo e enlace

As personas interesadas en participar deberán empregar obrigatoriamente o modelo que se ofrece aquí. Unha vez cuberto e gardado con datos da proposta terán que remitilo no mesmo formato a través do seguinte enlace:  https://easyabs.linguistlist.org/conference/SEDLL2023. É importante que as propostas se envíen no modelo que se ofrece a través do enlace e mantendo o  formato DOC ou DOCX.

Calquera incidencia ou consulta pode dirixirse ao correo-e sedll2023 [at] usc.es (sedll2023[at]usc[dot]es).  

Liñas temáticas

A proposta terá que estar relacionada cunha das liñas temáticas que se mencionan a continuación:

  1. A concreción da LOMLOE nos diferentes espazos lingüísticos.  
  2. Inclusión e transformación: retos do profesorado de lingua e literatura ante a Axenda 2030. 
  3. Estudos feministas e transversalidade na DLL.  
  4. Pensar e repensar o uso das TIC en DLL. 
  5. Gamificación e enfoques lúdicos na DLL. 
  6. Experiencias innovadoras na ensinanza das linguas e da literatura. 
  7. A competencia plurilingüe e intercultural na aula e na formación docente. 
  8. Formatos e xéneros emerxentes do libro infantil e xuvenil. 
  9. As bibliotecas escolares e o fomento da lectura no novo marco legal. 
  10. O ensino e a aprendizaje de linguas estranxeiras no século XX. 

Data e extensión

Ampliouse o prazo de envío de propostas ata o 10 de xullo. A extensión máxima será de 500 palabras. 

Tipos de participación

Poderase participar con comunicacións e/ou pósteres. Cada participante poderá presentar como máximo dúas propostas (en solitario ou en coautoría). 

Indicacións para o póster

Recoméndase que o tamaño do póster sexa A0 (841x1189 mm) ou A1 (594x841mm). Haberá un espazo dispoñible para pegar o póster que se lles indicará aos autores no momento en que recollan a documentación na mesa de recepción. 

Linguas

Admitiranse propostas en calquera lingua peninsular, en francés e en inglés. Para o uso doutras linguas debe consultarse coa organización.

The contents of this page were updated on 09.12.2023.