Skip to main content

O centro USC Lugo Space brilla no ranking internacional do programa Explorer 2025: 3º posto global e líder nacional

O programa Santander X Explorer apoia a mozos emprendedores universitarios de todo o mundo
O programa Santander X Explorer apoia a mozos emprendedores universitarios de todo o mundo
O programa no que vén de participar nestes últimos anos o Campus Terra é unha plataforma de referencia no impulso a mozos emprendedores universitarios de todo o mundo

O Campus Terra de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) alcanzou un novo fito na súa traxectoria de fomento do emprendemento e a innovación. O equipo do USC Lugo Space foi recoñecido co terceiro posto a nivel internacional e o primeiro posto entre os centros españois no ranking da primeira edición de 2025 do programa Santander X Explorer, unha plataforma de referencia no impulso a mozos emprendedores universitarios de todo o mundo.

Este resultado coloca a Lugo na elite do emprendemento universitario global, destacando o seu compromiso sostido coa innovación e a formación práctica en creación de proxectos con impacto real.

Pola súa banda, o centro USC Santiago Space, tamén destacou a nivel internacional alcanzando a 10ª posición.

O programa Explorer: emprendemento con propósito

Impulsado polo Banco Santander a través da plataforma Santander X, o programa Explorer está deseñado para apoiar a mozos e mozas universitarias e recentemente graduados que desexan poñer en marcha solucións innovadoras vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.

Ao longo de 12 semanas, os participantes traballan no desenvolvemento de ideas emprendedoras, reciben formación intensiva, mentoría e acceden a unha comunidade global de apoio.

Cada entrega do programa representa un avance na evolución do proxecto, e as universidades que albergan os distintos Spaces son avaliadas en función do progreso e a calidade do traballo dos seus participantes. Na última actualización do ranking do programa, o USC Lugo Space demostrou un rendemento sobresaínte que o posicionou por diante de máis de 200 universidades participantes de Iberoamérica e Europa.

O programa finalizará a nivel local coa exposición de proxectos no Demo Day, que terá lugar na primeira quincena de xuño e que permitirá seleccionar aos tres mellores proxectos do centro.

Unha traxectoria consolidada en Lugo

O Lugo Space, coordinado desde a área de Valorización, Transferencia e Emprendemento do Campus Terra, leva anos consolidando unha comunidade activa de mozos innovadores, mentores especializados e axentes do ecosistema emprendedor galego. Desde os seus inicios, foi unha referencia no ámbito nacional polo seu enfoque multidisciplinar, a súa conexión cos sectores estratéxicos do territorio —como a biotecnoloxía, a sustentabilidade agroforestal e a economía circular— e a súa firme aposta pola transferencia de coñecemento desde a universidade á sociedade.

Un lugar entre os mellores

Así foi o podio no ranking deste ano:

1- Universidad Argentina de la Empresa (UADE).

2- Universidad de San Martín de Porres (USMP).

3- Universidade de Santiago de Compostela, Lugo Space (USC).

4- Universitat de les Illes Balears (UIB).

5- Universidad Justo Sierra (UJS).

6- Universidad Continental (UC).

7- Universitat de Barcelona(UB).

8- Universidad Rey Juan Carlos (URJC).

9- Universidad Politécnica Metropolitana de Hidalgo (UPMH).

10- Universidade de Santiago de Compostela, Santiago Space (USC).

11- Universidade de Vigo (UVigo).

12- Escuela Colombiana de Ingeniería Julio Garavito (ECI).

13- Universidad de Cádiz (UCA).

14- Universidade da Coruña (UDC).

15- Universidad de Jaén (UJAEN).

16- Universitat Politècnica de Catalunya (UPC).

17- Universidad de Sevilla (US).

18- Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM).

19- Universidad Austral, Argentina (AUSTRAL).

20- Colegio Oficial de Psicología de Andalucía Oriental (COPAO).

21- Universidad de Talca (UTALCA).

22- Universidad Miguel Hernández (UMH).

23- Universidad de Córdoba (UCO).

24- Universidad de Castilla-La Mancha (UCLM).

25- Universidad Anáhuac Mayab (UAMAYAB).

The contents of this page were updated on 05.07.2025.