Skip to main content

Formato

Lembra que a tese de doutoramento debe conter como mínimo os seguintes apartados: Resumo, Introdución, Obxectivos e hipóteses, Metodoloxía, Resultados e discusión, Conclusións e Bibliografía.

A tese deberás presentala nun arquivo PDF tamaño A4 (desprotexido e sen sinaturas). Dispoñemos dun formato estandarizado de uso obrigatorio para que maquetes a cuberta, antecuberta, portada interior, e declaración de conflito de interese da tese:

O documento non pode ter marcas de auga e debe non debe conter máis do número de páxinas en branco imprescindibles, segundo as directrices de edición de documentos dixitais.

Así mesmo, recomendámosche seguir os criterios de homoxeneidade, lexibilidade tipográfica e facilidade funcional recollidos na guía de estilo para a elaboración de teses doutorais realizada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico:

Non é preciso entregar ningún exemplar impreso da tesis na EDIUS, aínda que a aplicación de cuberta e antecuberta xera un PDF para a versión impresa da mesma, por se a desexas. Para iso, deberás arranxar o PDF que entregues na EDIUS para adaptalo á impresión física.

Contacta con nós en edius [at] usc.es (c) se tes calquera dúbida.

Exemplos de teses con formato e estrutura idóneos conforme á normativa

The contents of this page were updated on 07.21.2025.