Año 2025
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela quere dinamizar as actividades de carácter cultural e científico no centro (actividades culturais, actividades complementarias á docencia, cursos, xornadas científicas, congresos, etc), organizadas por membros do estudantado, profesorado ou persoal técnico de xestión, administración e servizos da nosa facultade (PTXAS), e nos que exista a posibilidade de participación activa e directa dos diferentes colectivos.
As axudas irán destinadas a cubrir gastos derivados da organización da actividade, como gastos en material funxible, gastos en fotocopias, pagamento de dietas de viaxe ou desprazamento de persoas alleas á USC e que participan no mesmo, outros gastos correntes debidamente xustificados.
