Pasar al contenido principal

Actualidad

O hospital Rof Codina e Pet Select prolongan ata final de ano o programa de control de sobrepeso en mascotas

A dieta húmida ‘obesity’, creada por Pet Select a partir de descartes de pesca, mellora a saúde dos animais, amplía a súa esperanza de vida e reduce custos veterinarios, sinala o director do ‘Rof Codina’, Antonio González Cantalapiedra, que estima que máis dun 30% dos 127 millóns de gatos e 104 millones de cans que hai en Europa están obesos

Leer más

Ovos e colesterol, un mito matizado pola ciencia

Gema Manuela Puertas Hernando constatou que a interacción das lipoproteínas da xema coas proteínas da clara impiden a correcta separación dos compoñentes do ovo e, polo tanto, evita a transmisión de colesterol ás persoas que consuman estes alimentos

Leer más

Persoal investigador de Farmacoloxía activa un sistema de alerta para a detección temperá de micotoxinas emerxentes

O grupo Farmatox, con sede na Facultade de Veterinaria da USC, que coordina o catedrático Luis M. Botana, desenvolve novos métodos de detección e eliminación de toxinas e activa a creación dunha base de datos con máis de 900 micotoxinas emerxentes co proxecto AGRITOX, un programa Interreg Atlantic Area financiado con dous millóns e no que participaron investigadores de cinco países

Leer más

O talento investigador mozo agroma no Campus Terra da man de XuvenCiencia

O divulgador científico Manuel Vicente salienta a “capacidade hipnótica da ciencia” na apertura do XI Campus de Verán XuvenCiencia, un programa de convivencia e experimentación científica que ofrece a 95 estudantes de ensino secundario, Bacharelato e Formación Profesional a posibilidade de achegarse durante unha semana de xeito divertido á I+D a través de 16 obradoiros e múltiples actividades de lecer

Leer más

Un chip xenético garante a autenticidade do mexillón galego

A nova ferramenta desenvolvida por un consorcio europeo liderado polo CSIC no marco do proxecto Interreg ‘Sea Traces’, e en cuxa creación colaborou grupo Acuigen do Campus Terra da USC co centro tecnolóxico Azti, permite distinguir con alta precisión a orixe xeográfica dos mexillóns cultivados en Galicia

Leer más